Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2026

28 Domingo TO A 2026

  APAGAR A SEDE NO BANQUETE DO REINO CANTO GOZOSO §   ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7) §   LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) §   OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº52) §   COMUÑÓN: Ti es o Pan do Ceo (Nº 54) OLLOS ABERTOS Vivimos nunha sociedade saturada de invitacións urxentes, pantallas que nos reclaman a cada segundo e compromisos virtuais onde parece que todo o mundo conta, menos a realidade que temos ao noso carón. Hoxe a Palabra lémbranos que o proxecto de Deus é unha invitación aberta e desbordante a un banquete onde cabemos todas as persoas. Non serven as escusas de última hora nin os negocios particulares que priorizamos por riba do ben común. Respondendo a esta invitación, hoxe comezamos a catequese, na que se nos invita a descubrir en Xesús a auga viva que calma a nosa sede, que nos refresca, que nos dá vida. Que esta celebración nos axude a achegarnos sempre ao seu manancial. CORAZÓN MISERICORDIOSO © Polas v...