GRAZAS POR QUERER HOSPEDARTE NA NOSA CASA CANTOS Entrada.- Camiñando pola vida (Nº 9) Lecturas.- Escoita ao Señor (Nº 15) Ofertorio.- Benaventurados (Nº 119) Comuñón.- Déixate querer (Nº 61) OLLOS ABERTOS Somos persoas cativas para dar oportunidades. Son poucas as ocasións nas que estamos dispost@s a darlle unha oportunidade a quen nola pide: unha oportunidade dun coñecemento profundo, unha oportunidade dun pouco do noso tempo, unha oportunidade de sentirse valorada por nós.... en definitiva, unha oportunidade para mirar cara o fondo e non quedarnos na superficie dos prexuízos, da intolerancia, ou do “non é dos nosos”. A celebración que agora comezamos volve lembrarnos, unha vez máis, que Deus é o Deus das oportunidades. A diferenza de nós, El si está disposto a darnos múltiples oportunidades para que cambiemos o noso talante.... Seguiremos sendo curtos de estatura? CORAZÓN FERIDO Porque, a diferenza de Zaqueo, non estamos dispostos a baixar da figueira e deixar atrás canto nos fai per
Para orar e celebrar a fe na nosa terra