SE A NAI TERRA NOS OFRECE ALIMENTOS PARA TODOS, POR QUE NOS EMPEÑAMOS EN NON RESPECTAR A SÚA EQUIDADE SOLIDARIA? Descarga o arquivo CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá COMUÑÓN: Eu soñei ESCOITA ACTIVA Vinde e acollede, dous verbos nos que hoxe se sintetiza a Palabra de Deus que escoitaremos. A invitación de Deus que recolle Isaías na primeira lectura é un vinde no que se acolle a tod@s e non se discrimina/exclúe a ninguén. Vinde cantos queirades atopar esperanza, tenrura, solidariedade, acollida, escoita... vinde porque vos quero... e invítovos tamén a vós a que vos queirades. Deus, no seu amor, dao todo e invítanos a facer o mesmo. E se sempre foi importante, hoxe necesita selo moito máis porque son tantas as persoas que ven como os seus proxectos se frustraron e as súas ilusións esmoreceron, que temos que ser nós os que esteamos cos ollos moi abertos para facer
Para orar e celebrar a fe na nosa terra