Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

Santos 2016

SER FILL@S: UNHA ESIXENCIA QUE FAI DO ENVÍO TAREFA PERMANENTE NA BUSCA DE SER QUE TODAS AS PERSOAS SEXAN FELICES Descarga o ficheiro   CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) o    LECTURAS: Benaventurados (Nº 118) o    OFERTORIO: Deixade esta terra o    COMUÑÓN: Gracias, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA O que nos define aos cristiáns e ás cristiás é que somos fill@s. Fill@s no Pai e fill@s desde o Pai. Isto convértenos en axentes de fraternidade a través do noso actuar, do noso ver e do noso pensar: pés e mans, ollos e razón postos ao servizo de facer do lugar onde esteamos experiencia de reconciliación, misericordia e entendemento.        En tempos de tanta convulsión, enfrontamento e desconcerto que levan a moitas persoas a afastarse da mensaxe de Xesús, celebrar a festa de Tódolos Santos quere, unha vez máis, recalcar que nin estamos a cumprir cun rito nin tampouco nos deixamos levar de modas televisivas e alleas á nosa cultura,

31 domingo TO C 2016

Se cremos no Deus da vida, por que o noso actuar é tan pouco vitalista Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) LECTURAS: Pai, Pai, póñome nas túas mans OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Falar da vida, vivir a vida, crear vida... son todas elas expresións que escoitamos e utilizamos moitas veces. Non sei se cando isto ocorre somos conscientes do que supón respecto a como debemos de comportarnos e facer as cousas. Porque se a vida é un don que temos que ir desenvolvendo, por que non somos quen de demostralo desde a nosa maneira de valorar o que somos, de querernos sen aparentar, de respectarnos sen necesidade de que ofendamos aos que non pensan coma nós, non falan coma nos ou non rezan coma nós? Si, a todos se nos escapa a lingua para dicir cousas que despois, cando hai que concretalas, non somos capaces de darlle continuidade coa nosa man

30 domingo TO C 2016 DOMUND

Cando se actúa por amor, non son necesarias as explicacións, porque as grazas son compartidas A web do DOMUND Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *      ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) *      LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) *      OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) *      COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESCOITA ACTIVA A palabra Deus está moitas veces na nosa boca para pedir, agradecer, compartir... Mesmo hai persoas -non sei se ao mellor tamén algunha das que hoxe estamos aquí-, que ao referirse a Deus fano para expresar a súa frustración, a súa carraxe ou o seu descontento. Neste caso a referencia a Deus é pola vía negativa. A pesares de que o facemos así, como se Deus fose ben culpable ben o gran conseguidor, El móstrasenos sempre coa sinxeleza de quen chega, escoita, chama e acompaña...sen pedir nada a cambio, sen ofrecer grandes solucións, simplemente para ,desde o seu amor, dicirnos que nos quere e que para El somos importantes. A