Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2009

Domingo 2 Nadal 2010

Herdeiros nunha mesma andaina:Deus chega para tod@s Pórtico No mundo no que estamos son moitas as persoas que falan, que fan proxectos, que prometen… Hoxe, só con dicir parece que xa se fai...Pero, non estamos cansos de tantas palabras sen fondo?. Palabras baleiras de contido, palabras que non son vida, palabras sen sentimentos nin compromiso… Por iso, hoxe máis ca nunca, cómpren persoas que digan e fagan, que falen de esperanza, de futuro, de colaboración... pero non de boca para fóra, senón as primeiras en facelo vida e en ser testemuñas. A celebración de hoxe é unha chamada constante a que fagamos vida o que pensamos, o que cremos e o que dicimos, como única canle de ser testemuñas do neno que nace, da palabra que se fai carne e da sabedoría que atopou un pobo ben disposto para acollela. Perdón · Polas veces en que se nos enche a boca de palabras, pero nos falta vida para concretalas, para facelas promesa crible para todas as persoas, SEÑOR, ÁBRENOS Á TÚA SABEDORÍA. ·

Remol Aninovo 2010

SE QUERES PROMOVER A PAZ, PROTEXE A CREACIÓN Bendición do comezo ´ Que Deus nos bendiga todos os días do ano, ´ Que Deus nos sorría todos os días do ano, ´ Que Deus se fixe en nós todos os días do ano, ´ Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano. PÓRTICO Comezamos o ano e todos nos desexamos o mellor dos parabéns. Estamos ledos, sentímonos achegados uns aos outros e todo son boas intencións. E iso está ben, porque que mellor que pornos na liña de saída coa mellor das intencións?. Pero non debemos esquecer que coas intencións soas non basta, que é necesario poñer máis da nosa parte: esforzo, gañas, sacrificio, ilusión, ánimo, esperanza... E para que?. Para que a vida poida ser aquilo que todos queremos e que tanto nos custa conseguir: un camiño no que descubrir e vivir na solidariedade e na paz.A isto somos chamados e chamadas na celebración que agora comezamos. Feliz ano e poñémonos á tarefa!. O PERDÓN Porque non damos entendido que a paz non é só ausencia de guerra, senón ta

Sagrada Familia 2009

SABER ACOLLER A TOD@S, TAMÉN NAS NOSAS FAMILIAS Pórtico A festa que celebramos hoxe, a da Sagrada Familia, quere ser una chamada a afianzar máis plenamente os vínculos de amor que unen ás familias. Non é una xornada para laiarse porque nos pareza que a familia está en horas baixas, ou porque o modelo de familia está cuestionado. Non. Hoxe chámasenos a atención para que potenciemos o que verdadeiramente falta en tantas familias: o amor, o perdón, o respecto, a escoita… Que a celebración de hoxe nos axude a tomar conciencia de que tamén nas nosas familias estamos chamad@s a vivir como amigos e seguidores de Xesús: sabendo acoller a todas as persoas. Perdón Porque non temos pelos na lingua á hora de criticar o que é diferente ao noso pensamento, SEÑOR, PERDOA A NOSA DESUNIÓN . Por tódalas veces nas que esquecemos que formar parte dunha familia é tamén esforzarnos para crear nela espírito de colaboración e participación, CRISTO, PERDOA A NOSA DESUNIÓN. Polas veces nas que

NADAL 2009

FRONTE AO UNIFORMISMO, DIVERSIDADE (Campaña de Nadal de Cáritas) PÓRTICO Porque o nacemento dun neno non era unha festa para tod@s; porque á meirande parte das persoas a vida resultáballes unha triste e penosa escravitude; porque un poder tiránico asoballaba a liberdade dos pobos impoñendo leis inxustas, unha paz muda e unha cultura uniforme; porque a dignidade da persoas medíase pola forza, a riqueza ou a sorte; porque a humanidade vivía nunha crise desesperanzada e deprimente; e porque só Deus podía salvar ás persoas,... quixo o Fillo de Deus facerse home. O nacemento de Xesús foi un exceso de amor e misericordia. Non veu deslumbrar nin conquistar nada... só corazóns. Veu para devolverlle á persoa a súa dignidade e fermosura. É coma se Deus dixera: "Quero estar contigo, porque te quero; limparei o teu corazón e abrirei os teus ollos para que recoñezas a túa grandeza e dignidade". O amor de Deus pon de manifesto a diversidade de dons que nos regalou para poñelos ao servizo d

ADVENTO 4 DOMINGO

ADVENTO, TEMPO DE DISPOÑIBILIDADE SIGNO : Colocamos a cuarta e derradeira parte que completa o mapamundi coa cita do evanxeo de hoxe escrita nela. PÓRTICO María, a muller que non tivo medo, que soubo escoitar e acoller, que foi capaz de abrir o seu corazón a quen estaba necesitado da calor que dá amor desinteresado e solidario, convídanos, no cuarto domingo do Advento, a saír de nós, a erguer a vista, a deixar atrás o ensimesmamento dos nosos rezos e prácticas, quizás ás veces baleiras de contido, para saber descubrir entre aqueles cos que estamos, cos que nos cruzamos cada día, con tantas persoas que precisan dunha man aberta, un corazón quente, uns pés que se poñan en camiño con eles e por eles, e unha cabeza que pense e non se deixe levar do paternalismo; saber descubrir o rostro do Neno que nace para que todas as persoas poidan vivir con dignidade e ser tratadas con xustiza; para que naza o Neno que quere cambiar as nosas vidas e as de tantas persoas que senten utilizadas, explotad

Advento 3Domingo

ADVENTO, TEMPO DE LEDICIA SIGNO : Colocamos unha terceira parte do mapamundi coa cita do evanxeo de hoxe escrita nela. PÓRTICO O Advento, tempo de ledicia e renovación, esixe de nós disposición a deixar atrás canto nos impide vivir e ser verdadeiramente persoas alegres, esperanzadas e esperanzadoras. Fronte ao actuar daqueles que non teñen a ledicia de coñecer que o Señor chega, nós estamos chamados a ser iconas, imaxe, presenza daquel que chega. Pero, como podemos facelo estando tristes, desganados, vivindo na rutina, asentados na comodidade?. Non é o ritualismo, senón a fraternidade o que fai que a nosa corazón se alegre e a nosa esperanza sexa acollida como presenza do que vén para traernos a salvación. Deixemos que a forza do Espírito entre nós!. O PERDÓN Por non ser coa miña vida rostro da túa misericordia, SEÑOR, QUE VIVAMOS A TÚA LEDICIA. Por non ser coa miña palabra consolo para quen está triste, CRISTO, QUE VIVAMOS A TÚA LEDICIA. Por non ser cos meus ollos alento para quen bus