Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2007

FARISE@S CON DENOMINACIÓN DE ORIXE

PÓRTICO Eu son, eu digo, eu fago, eu sei, eu, eu, eu… A chamada ao protagonismo, tan apremante na nosa sociedade, lévanos a crernos e embigo do mundo. A consecuencia é que como estamos convencid@s de que todo xira ao noso redor, de que nós somos o centro e o fin do universo, atrevémonos a criticar, condear ou mesmo perseguir a todas aquelas persoas que non bailan ao son que nós tocamos. Unha vez máis… que lonxe estamos da Palabra!. Unha Palabra que nos fala de integración, de comunidade, de liberdade, de comprensión, de humildade, de respecto… e de tantas e tantas actitudes que deberan pasar a ser alicerces da nosa vida. Que a celebración que agora comezamos nos poña no camiño de traballar para conseguilo. O PERDÓN Deixámonos levar das aparencias e dos prexuízos, sen preocupármonos por coñecer persoal e profundamente aos demais, SEÑOR, PERDOA A NOSA SOBERBIA. Deixámonos levar polo engaiolamento e a autosuficiencia, que fai que nos creamos superiores, mellores, os bos, os ún
QUE A FIDELIDADE NON A CONVERTAMOS EN INTRANSIXENCIA (Da tentación neoconservadora, líbranos, Señor) PÓRTICO Ocorre demasiadas veces que apelando á necesidade de ser fieis á mensaxe de Xesús e á comuñón eclesial, moitos dos que se chaman a eles mesmos defensores da fe e da fidelidade, queren confundirnos cos seus discursos cheos de intransixencia e intolerancia, inda que a envolven en palabras como amor á Igrexa, comuñón eclesial, ou mesmo fidelidade á Tradición. Temos que ter os ollos ben abertos,e os oídos moi atentos para non deixarnos engaiolar por estes “falsos profetas” que o único que buscan é unha Igrexa enfrontada co mundo e chea de crispación. Porén Xesús fálanos sempre de saber escoitar, de acoller, de aprender a integrar toda a riqueza do Evanxeo nas múltiples e variadas culturas e tempos. E que o aprendamos a facer con insistencia, sen cansarnos. Que a celebración que agora comezamos nos esperte a este estar atentos ao vento do Espírito no m

Agradecer o recibido

POUCAS VECES, QUEN RECIBE O QUE NON MERECE, AGRADECE O QUE RECIBE PÓRTICO A todas as persoas nos debería saír facilmente do noso corazón e dos nosos beizos a palabra GRAZAS. Na nosa casa, na nosa familia, no noso traballo, na nosa comunidade… en todos os lugares e circunstancias da nosa vida. Pero non só como unha mera palabra ou como norma de educación, senón como algo máis fondo: coma unha actitude que emana do amor que Xesús dixo que nos debía caracterizar, pois a gratitude significa valorar ao outro, tratalo con respecto e consideración, estimalo. E esta gratitude tamén debe a nosa actitude para con Deus, porque… temos tantas cousas que agradecerlle!!!!!!!!!!!!!: a vida, a familia, @s amig@s, a natureza… Que esta celebración nos abra á gratuidade para con Deus e para cos demais. O PERDÓN § Porque en demasiadas ocasións vimos celebrar a fe por cumprir un precepto, por unha tradición, por rutina… sen deixarnos enchoupar pola túa graza e polo teu amor, SEÑOR, LIMPA