Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2020

18 Domingo TO A 2020

NON DEIXEMOS QUE O PAN ENDUREZA NAS “ALACENAS”. COMPARTÁMOLO CON QUEN O PRECISE Descarga o ficheiro  CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Dun tempo a esta parte vimos escoitando novas diversas respecto ao actuar dos membros da Igrexa. Na maioría das veces son novas de corte negativo, e case sempre xiran ao redor de comportamentos pouco ou nada edificantes: loita por cartos, denuncias por abuso, escándalos pola xestión dos bens. Se nos deixamos levar pola información que nos traen estas novas, poderiamos pensar que a Igrexa só é un foco corrupto e de corruptores. Porén, inda que non sempre teñamos conciencia diso, non é só o actuar dos curas, monxas ou bispos, senón que dela forman parte, formamos parte, todas as persoas cristiás. E ben seguro que entre nós ten que haber persoas que fagan o ben, que sexan xenerosas, que teñan capacidade...

17 domingo TO A 2020

UN DEUS QUE NON DESCARTA A NINGUÉN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6) LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) OFERTORIO: No colo da miña nai (Nº 49) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Sempre que se escoita a palabra tesouro rapidamente a asociamos con algo de moito valor material; como se non houbese outros moitos tesouros dos que poidamos disfrutar e enriquecernos humanamente. Hoxe, día 26 de xullo, festividade de S. Xoaquín e Santa Ana, traemos á nosa celebración un dos grandes tesouros da nosa sociedade: as avoas e os avós, mestres e mestras en humanidade, en cariño, en desinterese; e que desgrazadamente en moitos casos son esquecidos, utilizados e, como diría o papa Francisco, descartados. A pandemia que estamos a sufrir foi especialmente dura coas persoas maiores, cobrándose a vida de moitas delas. Por iso na nosa celebración de hoxe querémoslle render unha homenaxe sinxela, pero cheíña de agradecemento e de esperanza. Que o encontro d...

Festa do Apóstolo 2020

OBEDECER: UNHA TAREFA DE PERMANENTE DISCERNIMENTO LIBRE E RESPONSABLE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) LECTURAS: Escoita ti a Palabra de Deus (Nº 26) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Hoxe estamos de festa na nosa comunidade, e non unha festa calquera. É a festa de toda Galicia e de tódolos galeg@s. A festa de Santiago. Como toda festa que se prece, é momento de encontro familiar, veciñal, parroquial... Volvemos atoparnos para agradecer o don da fe e compartir a forza do comunitario. Un comunitario que vivimos na celebración como un momento de oración agradecida do compartir as nosas raíces, a nosa identidade, a nosa cultura. Fagamos deste encontro que agora comezamos unha experiencia leda na que deamos grazas polo don da fe vivido desde a nosa identidade crente e galega, no día de Galicia. CORAZÓN MISERICORDIOSO Polas veces nas que a obediencia irracional nos impide pensar en como as nos...

16 Domingo TO A 2020

A VIDA, COMO A SEMENTEIRA, É APOSTA DE ESPERANZA NON DE SEGURIDADE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) ESCOITA ACTIVA Acostumad@s a escoitar que hai solución para todo: enfermidades, problemas informáticos, economía, política... podemos acabar crendo que a vida é sempre unha aposta segura. Que enganad@s estamos! E que crédulos somos! Esquecemos que estamos de paso, que somos para un tempo. As seguridades de quen pensa que ten todo “controlado”, que todo o coñece e que todo se soluciona non existen. E isto é o que nos lembra hoxe o Evanxeo de Xesús, para que non collamos o camiño equivocado e acabemos sendo dos permanentemente insatisfeitos e “ofendidiños”... cando non somos máis ca persoas libres... pero tamén limitadas. Por iso o importante é facer sempre a sementeira e poñer o medios para coidala. O demais, s...

15 domingo TO A 2020

UNHA SEMENTE QUE CHEGA E PIDE SER ACOLLIDA Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) OFERTORIO: Sementar, sementarei COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESCOITA ACTIVA Nos tempos que corren, nos que só contan os resultados rápidos e a rendibilidade inmediata, podemos sentir a tentación de dubidar e mesmo de non crer no papel da fe. Serve para algo práctico esta mensaxe que proclamamos diante do mundo?. Onde están os resultados?. Porén, o Evanxeo que hoxe proclamaremos é luz, esperanza e paz para quen sinta a vertixe das preguntas anteriores. Xesús fala desde a súa experiencia persoal, pois é esa experiencia persoal a que trata de comunicarnos desde a parábola do sementador. Oxalá saibamos ver e acoller o que aí se nos dá. Oxalá nos convertamos en transmisoras e transmisores da Boa Nova, sabendo comunicar o Evanxeo de Xesús e compartindo as nosas experiencias de vida. A nosa sociedade precísao... e moitas persoas crentes, tamén. CO...

14 DOMINGO TO A 2020

14 domingo do tempo ordinario 2020 DESCARGA O FICHEIRO Cantos Entrada. Vinde axiña Lecturas. As túas palabras, Señor Ofertorio. Na nosa Terra Comuñón. No colo da miña nai ABRINDO OS OLLOS AO MUNDO Adentrandonos xa no mes de xullo, e ante este verán de desesescalada, non deberiamos esquecer dúas palabras nas que se resume a nosa andaina neste novo tempo: liberdade e responsabilidade. Liberdade para decidir, para non deixarnos coaccionar polo medo, para non instalarnos na pasividade paralizante de quen renega de construír futuro. E responsabilidade de quen ten memoria e non esquece nin as persoas que se foron nin a dureza dun tempo no que, metidos na casa, escoitabamos novas tristes e desalantadoras. Por iso, para non volver a ese tempo, é fundamental a responsabilidade dos que, querendo camiñar desde este presente ao futuro que está por vir, estamos dispostos a facelo coa responsabilidade de quen non baixa a garda, ao estilo de Xesús, pero non se deixa tampouco dominar polo medo, que s...