QUEN NON APRENDE A DISTINGUIR O DESERTO DO BOSQUE, CORRE O RISCO DE PERDERSE SÍMBOLO CORESMAL Continuamos desenvolvendo o sinal do colector de lixo que temos escollido para esta coresma. Hoxe botaremos nel os abandonos, os cansazos, a mentira, o esquecemento -buscado ou non-, de tantas persoas que co seu esforzo, traballo e entrega non permitiron que o legado da fe se perdese e chegara ata nós Neste terceiro domingo, o noso colector será de cor verde e levará escrito: “O Señor é misericordioso e clemente”. PÓRTICO Moisés e Paulo non deixan de lembrar ao pobo, vello e novo Israel,que se non se esforzan por saber quen son e de onde veñen, se non se esforzan por coñecer as súas raíces, poden acabar perdidos e desorientados, como se non souberan que facer ou como orientar a vida. Do mesmo xeito, tamén nós, se non facemos ese esforzo por non perder a historia que outros foron construíndo e nos foron legando, por coñecer e recoñecer o esforzo de xeracións anteriores, de
Para orar e celebrar a fe na nosa terra