Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

2 Coresma B 2024

​ UN CORAZÓN ROTO TI, SEÑOR, NON O DESPREZAS SINAL DE CORESMA Colocamos a segunda parte do corazón CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Na noite escura (Nº 104) o     LECTURAS:  Eu soñei (58)  o     OFERTORIO:  Camiñar sen Xesús (Nº 68)  o     COMUÑÓN:  Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESPERTANDO Á RÚAH Este tempo de coresma é unha chamada a seguir con intensidade e firmeza, a Xesús – Cristo. El entregou toda a súa vida ao servizo de Deus e das persoas, e esa entrega vaino levar ata a cruz. Nós, coma os discípulos no monte da Transfiguración, contemplamos o seu camiño e descubrimos nel toda a luz, toda a grandeza, toda a forza de Deus. Por iso, con fe, achegámonos a El e, porque sentimos a súa voz no noso corazón, queremos seguilo. SUPERANDO A DISTRACCIÓN ·        O mundo vive unha forte situación de inxustiza. Pola nosa participación nela, dicímosche,  SEÑOR, QUE RACHEMOS O CORAZÓN E NON AS VESTIDURAS. ·        Porque permanecemos pasivos ante a opresión que seguen a sufrir as persoas máis vul

1 coresma B 2024

Un corazón roto, ti, Señor, non o desprezas Cantos Entrada.- Unha certeza nos guía ( 60 )   Lecturas.- Améstrame, Señor ( 20)   Ofertorio.- Ergo os meus ollos ( 112)   Comuñón.- Xesús chamado amigo (   ) Sinal            Celebramos o primeiro domingo de coresma, e con el presentamos un sinal que nos pode ir axudando a marcar   este tempo penitencial que comezamos o mércores da cinsa.          Propoñemos unha lenda: “ Un corazón roto, ti, Señor, non o despreces ” debaixo dela, ao longo dos cinco domingos, iremos configurando un corazón. A tal fin, cada domingo engadiremos unha parte, de xeito que ao final da coresma teremos conformado todo o corazón.          Ollos abertos               Comezamos un novo tempo litúrxico este domingo, a coresma. Corenta días nos que se nos invita a ir revisando as nosas actitudes e comportamentos, para chegar á Pascua co corazón aquecido e reconfigurado. Si, porque son moitas as veces nas que se nos rompe e arrefría por mor de dec

6 domingo Mans Unidas 2024

  A única especie capaz de cambiar o planeta. O EFECTO SER HUMANO (CAMPAÑA MANS UNIDAS 2024) CANTOS · ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) · LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) · OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) · COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESPERTANDO Á RÚAH Benvidas e benvidos á nosa celebración dominical. Hoxe, festa da nosa Señora de Lurdes, é a Xornada Mundial das Persoas Enfermas. Tamén é segundo domingo de febreiro e celebramos en toda a Igrexa a Xornada de Mans Unidas contra a fame. Baixo o lema “A única especie capaz de cambiar o planeta: o efecto ser humano”, somos convidadas e convidados a abrir os nosos ollos para descubrir os sinais de exclusión tan presentes na nosa sociedade de hoxe como na dos tempos de Xesús. Porque a enfermidade, a inxustiza, as consecuencias do cambio climático non afectan por igual a todas as persoas. Moitas persoas, irmás nosas, en demasiados lugares do planeta viven a desnutrición, a fame a morte s