Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2012

27 domingo TO B

A SOLIDARIEDADE DE XESÚS FAINOS A TOD@S IGUAIS NA COMPLEMENTARIEDADE Pórtico Xesús é fonte de bendición para todo ser humano sen distinción de raza, cor, sexo, formación ou relixión. Esta bendición que nel recibimos fainos complementarios uns dos outros, xa que o que uns temos como limitación poden achegárnolo outr@s como complementariedade, de xeito que sempre nos necesitamos, á vez que evitamos caer na tentación de crernos superiores a ninguén. A fe pon de manifesto esta igualdade na complementariedade desde o mesmo xeito de facer e dicir de Xesús, para quen ser home ou muller non engade diferenza, tampouco superioridade, senón igualdade que enriquece desde a relación de uns cos outros. Mágoa que isto que para Xesús é pedra esquinal da súa proposta de salvación, os cristiáns, antes e agora, témolo esquecido moitas veces, dando lugar a diferenzas e enfrontamentos que nada reflicten o compromiso de ser as súas testemuñas no medio do noso mundo. Que o que hoxe vimos compartir na

26 domingo TO B

CANDO A PERSOA OCUPA UN LUGAR SECUNDARIO, TODA RIQUEZA É CORRUPCIÓN PÓRTICO             Porque o Espírito sopra por onde quere e non se prega ao uniformismo que dá seguridade, pero non convición e confianza, a nosa vida é plural en manifestacións e en formas. Unha pluralidade que nos fai aparecer coma unha comunidade cristiá na que, a pesares dos agoiros que todo o ven catastrófico, negativo e sen esperanza, vive sabendo transmitir a ledicia de estar no medio do mundo coa misión de facer presente a mensaxe de Xesús sen imposicións nin coaccións, senón a través do desenvolvemento do traballo ben feito, a compaña desinteresada ou a solidariedade que non ten por que saír nos medios de comunicación, senón que se fai sen balbordo, de xeito constante e sen pretender acadar ningún récord “guiness”.             Porque estamos a favor das persoas e non buscamos o recoñecemento superficial de quen sae nos xornais con grandes titulares, esforcémonos por facer da celebración de hoxe un

Domingo 25 TO B

HAI PERSOAS QUE SERVEN UN DÍA E SON BOAS. HAI OUTRAS QUE SERVEN UN ANO E SON MELLORES. OUTRAS SERVEN MOITOS ANOS E SON MOI BOAS... PERO TAMÉN HAI AS QUE SERVEN TODA A VIDA: ESAS SON IMPRESCINDIBLES E IMPORTANTES PÓRTICO Na nosa sociedade é importante o home de prestixio, seguro de si mesmo, que acadou o éxito nalgún campo da vida, que sobresae por riba dos demais. Asemade, é importante a muller estupenda fisicamente, bela (aínda que só sexa por fóra), que acapara portadas das revistas, que ten ao seu lado un home “relevante”, con poder e con cartos....  Porén, a Palabra volve insistir unha e outra vez en que eses non son criterios morais válidos para catalogar á xente como “importante”. Segundo o criterio de Xesús son importantes eses miles e milleiros de homes e mulleres anónimos, de rostro descoñecido, a quen non se lles fará nunca ningunha homenaxe nin se lles adicará ningunha portada de revista; pero que se desviven no servizo desinteresado aos demais, ocupándose e preocupá

Domingo 24 TO B

A DUREZA DO CAMIÑO INVITA Á COLABORACIÓN Pórtico Temos repetido e mesmo escoitado ao longo da vida moitas veces a frase da carta de Santiago que hoxe imos ler, e na que se nos di que a fe sen obras esmorece porque non dá froito. Isto ponnos na pista da necesidade de vivir sempre de maneira activa, creadora, nova e sen deixarnos ir por vieiros de desasosego e rutina. A mensaxe de Xesús é sempre fresca e actual, e temos que sabela poñer en relación con cada momento que nos toca vivir. Isto fainos ver que temos que estar sempre á espreita, en actitude de descubrir presenza e o rostro de Deus a través e no medio do que pasa cada día. E neste momento de crise, dificultade, empobrecemento, paro, engano, manipulación e sufrimento polo que tantas persoas pasan, non podemos quedar calados e deixar que as cousas pasen diante de nós sen facer nada. O camiño da vida, ese camiño que todos temos que ir facendo cada día e que nos vai levando cara á plenitude do encontro definitivo con Deus, nin p

23 Domingo TO B

ROMPER COA ANTROPOLOXÍA DO ENFRONTAMENTO PARA CAMIÑAR NA ANTROPOLOXÍA DA IGUALDADE SOLIDARIA PÓRTICO A carta de Santiago lémbranos algo que desde hai dous mil anos ven sendo o motor e a razón da presenza dos cristiáns no medio do mundo: a fe ten que facerse visible en actitudes e comportamentos. pois só desde o amor, sincero e solidario, podemos mostrar a razón que nos leva a que, en tempos de increnza e desapego do relixioso, sigamos entregados á causa de Xesús. A curación que atopamos en Deus non é a dun ser milagreiro e ritualista, senón a dun Deus persoal, con rostro e nome, que se nos vai presentando no medio do mundo sen caer na tentación de pechalo dentro dos templos ou de prácticas afastadas do que ocorre ao noso redor. Deus cura porque dá sentido, forza, alento e esperanza á vida de cantos fomos creados a súa imaxe e semellanza.         Participemos de maneira activa e gozosa da celebración que agora comeza, e que só poderá ser vida se cantos nela estamos rompem