Ir al contenido principal

23 Domingo TO B

ROMPER COA ANTROPOLOXÍA DO ENFRONTAMENTO PARA CAMIÑAR NA ANTROPOLOXÍA DA IGUALDADE SOLIDARIA
PÓRTICO
A carta de Santiago lémbranos algo que desde hai dous mil anos ven sendo o motor e a razón da presenza dos cristiáns no medio do mundo: a fe ten que facerse visible en actitudes e comportamentos. pois só desde o amor, sincero e solidario, podemos mostrar a razón que nos leva a que, en tempos de increnza e desapego do relixioso, sigamos entregados á causa de Xesús. A curación que atopamos en Deus non é a dun ser milagreiro e ritualista, senón a dun Deus persoal, con rostro e nome, que se nos vai presentando no medio do mundo sen caer na tentación de pechalo dentro dos templos ou de prácticas afastadas do que ocorre ao noso redor. Deus cura porque dá sentido, forza, alento e esperanza á vida de cantos fomos creados a súa imaxe e semellanza.
        Participemos de maneira activa e gozosa da celebración que agora comeza, e que só poderá ser vida se cantos nela estamos rompemos co ritualismo e nos abrimos a compartir ledicias e dificultades para poñelas na man de Deus e na comuñón fraterna cos irmáns.
O PERDÓN
      Da tentación de crérmonos en posesión da verdade absoluta, que nos impide escoitar a quen pensan distinto, LÍBRANOS, SEÑOR.
      Da utilización dos irmáns e irmás para o noso propio proveito, facendo distingos entre as persoas segundo nos sexan ou non de utilidade, LÍBRANOS, CRISTO.
      Da insensibilidade de termos un corazón de pedra, que non se compadeza da dor e do sufrimento dos demais, LÍBRANOS, SEÑOR.
REMUÍÑO
      Como raiola de esperanza, tamén hoxe as palabras do profeta Isaías queren converterse en imaxe activa, creadora e gozosa dun Deus que, de xeitos múltiples e en todo momento, nos vai dando mostras da súa presenza e da súa preocupación por nós. A través dos sentidos, que nos fan tomar conciencia da realidade da que formamos parte e da necesidade que temos, no medio desa realidade, de non illarnos dos problemas e dificultades que día a día van xurdindo. Dificultades e problemas das que todos somos conscientes na mais abrir os ollos cada mañá e descubrir, que cada vez son máis as persoas, non números nin estatísticas anónimas, que van quedando nas beiras dunha sociedade que se pensou que non tiña nin límites nin fin, e que nos vai mostrando con toda a súa crueza o equivocados que estabamos. Nesta situación, as palabras do profeta lévannos a que nos esforcemos por sacar a máscara que ás veces pomos nos ollos e nos impide ver e oír o grito desesperado de tanta xente á que ata hai ben pouco nada lle faltaba, e ás que agora tódalas defensas se veñen abaixo e necesitan non voces de condena e superioridade que lles lembren os seus erros, senón mans abertas e corazóns dispostos a facer camiño xuntos para, asentados na forza da solidariedade, dar pasos que afasten do abismo da pobreza e exclusión social.
      Santiago volve insistir no mesmo cando escribe que os preferidos de Deus, porque os outros xa se valen por si mesmos, son os pobres e necesitados. e advírtenos contra a doada e perigosa tentación de facermos distincións. Que ben lle viría á nosa Igrexa poñer en práctica esta sinxela recomendación da súa carta: “non xuntedes a fe no noso Señor Xesucristo coa acepción de persoas”. Cantas veces temos utilizado a relixión e o nome de Deus en vano para xustificar o noso facer distingos entre as persoas. Porque desgraciadamente a Igrexa institución segue, en moitas ocasións, ligada ao poder e aos poderosos, tanto na súa xerarquía coma nos seus membros leig@s e relixios@s. Ou é que moitas veces non tratamos tamén nós dun xeito diferente a quen ten máis cartos, máis poder, máis estudios.... que ao resto dos nosos veciños?. E aínda máis, non nos cremos inferiores a eles?. Porén, non é este o xeito de actuar de Xesús, que foi perseguido, calumniado e crucificado por non unirse aos intereses dos poderosos , por denunciar a súa dobre moralidade, por non render pleitesía nin permitir que lla rendesen a El. Ese é o camiño que nós, coma seguidores seus, queremos andar: o do servizo a prol dos empobrecid@s e marxinad@s da terra.
      Aprendamos logo a prolongar a caridade, non na palabra e nos xestos aos que se lles da publicidade, senón no servizo desinteresado e sempre entregado aos pobres e necesitados. E se ata hai ben pouco todo parecía ir tan ben que non nos poñiamos límites e construíamos unha vida sobre as areas movedizas do posuír e consumir; que agora, poñendo sempre os pes no chan, non esquezamos que sen Deus a vida convértese en sensentido e fracaso. Que saibamos achegarnos a El con actitude de escoita para ser, tamén nós, mediación a través da que os xordos e os mudos do noso tempo; xordos e mudos de comunicación, sinxeleza, solidariedade, humildade, entrega gratuíta... descubran que ter fe non nos afasta nin illa do mundo, senón que nos compromete e achega para ser sementadores de Boa Nova en tempos recios e cheos de dificultade.
ORACIÓN DA COMUNIDADE  
Alentad@s porque sabemos que camiñas connosco, comprometémonos a abrir os nosos oídos e os nosos ollos á túa Palabra, por iso dicimos xunt@s:
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
      Para que a Igrexa non dea as costas aos problemas do noso tempo e da nosa xente, OREMOS.
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
      Polas nosas comunidades, para que traballemos sempre pola igualdade e a fraternidade, coma esixencia do noso sermos fill@s de Deus, sen facer distingos entre as persoas polo seu poder económico, polo seu nivel cultural, polo seu papel na sociedade, OREMOS.
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
      Para que cada un/ha de nós, nos esforcemos para que a nosa vida rezume moita máis solidariedade e moita menos crítica cara aos que o están a pasar mal neste momento tan difícil, OREMOS.
QUE ABRAMOS O NOSO CORAZÓN Á TÚA PALABRA
Comparte, Señor, con nós as preocupacións e aléntanos para superalas. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Deus é a verdade que sempre nos sorprende.
Non, non é un conto,
é o mellor da vida.
Todo Nel é verdade, é vida.
Con Deus aprendemos a vivir todo,
desde a ledicia do sinxelo, de todo o fermoso.
Xesús fala en parábolas.
Explica a través das parábolas
o amor de Deus Pai.
Nunca ninguén dixo máis do amor dun Deus que se volve tolo
cando o fillo volve á casa destrozado e o aperta sempre.
Deus é amor que se revela
desde unha gran paixón por querer falar a linguaxe da xente.
(Aa.Vv., Centos de contos. Parábolas para todos)
CANTOS
      ENTRADA: Todos xuntos
      LECTURAS: A túa Palabra
      OFERTORIO: Na nosa terra
      COMUÑÓN: Deixade esta terra

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...