Domingo 5 do tempo común 3 de febreiro de 2007 Pórtico Estamos cansos de palabras. Sobran. Parece que cada un/ha de nós vémonos obrigados a dar sentencia, a opinar, e sobre todo a sentírmonos sempre importantes e protagonistas. Porén a mecánica de Deus é ben distinta; sóbranlle as nosas palabras e fáltanlle os nosos feitos. Que pouco atención lle prestamos! Temos grandes documentos, moitas das nosas homilías son estupendas pezas de retórica literaria, os nosos centros de formación teolóxica teñen profesores cultos, entendidos na materia, sabios...pero a pesares disto, segue a faltarnos o máis importante: a vida. Onde está o noso testemuño? As enquisas dinnos que a Igrexa é a institución da nosa sociedade menos valorada. Tan pouca ilusión temos para transmitir? A nosa celebración de hoxe xira arredor do tema do seguimento: Isaías, Paulo, Pedro... son chamados por Deus, coma cada un e cada unha de nós, que vimos aquí convocados por el para celebrar a nosa fe. Non é un mago nin un tapabur...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra