Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

4 Advento 2018

Fagamos do Advento un tempo no que tomemos conciencia de que, sendo a Igrexa de tod@s; e sendo tod@s Igrexa, é tempo de empoderar . Porque somos persoas adultas, non tuteladas por ninguén.   Descarga o ficheiro Cantos   Entrada.- Volve, Señor     ( 90  )   Lecturas.- Escoita ao Señor  ( 15 )   Ofertorio. - Eu soñei  ( 5 8 )   Comuñón . - Xesús chamado amigo ( 89)   Sinal de Advento   Engadimos no cartel a referencia á familia . Ela é  comunio de encontro  interxeracional: nen@s, mocidade, adult@s e maiores conflúen conformando unha relación de  acompañamento, participación, escoita, acollida, perdón... e sempre guiados polo amor como elemento que une e desde o que se crece á comunicación.     Abrindo os ollos e mirando aos lados   Na sociedade que imos conformando, moitas veces da a impresión que só se valora o grande, o poderoso, o que promoven, de xeito interesado, quen ten cartos e capacidade de influír. Porém, a pa

3 Domingo de Advento 2018

Fagamos do Advento tempo no que a alegría do corazón   relouque na esperanza Cantos   Entrada.- Volve, Señor      ( 90   ) Lecturas.- Escoita ao Señor   ( 15 ) Ofertorio. - Acharte presente na vida ( 54 ) Comuñón . - Xesús chamado amigo ( 89) Sinal de Advento   No noso ir construíndo, ao redor da Palabra e a luz, a reflexión sobre o tempo de Advento, engadimos ao cartel a referencia á maiores . Tamén para eles este Advento ha ser tempo de luz e escoita da Palabra desde a acollida, que non o esquecemento. Abrindo os ollos e mirando aos lados          Aledádevos e reloucade é o título da exhortación coa que Francisco nos agasallou hai uns meses. Un agasallo desde o que nos invita a camiñar   poñendo os pés no chan e o corazón nas persoas. Un agasallo que nos   lembra que a santidade non está en ser fundador@s de ordes relixiosas ou de pertencer a grupos e institucións de poder na Igrexa. O que nos di Francisco, é que a santidade é un proceso que