Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2007

Chegou a luz (Vixilia Pascual)

Vixilia pascual E CHEGOU A LUZ, E TODO COMEZOU A AGROMAR! MONICIÓN Na noite santa escoitaremos a gran mensaxe: “Por que buscades entre os mortos ao que vive?. Non está aquí. ¡resucitou! ”. Por iso nos reunimos ás escuras, e acendemos o cirio que, como Xesús, nos guía e nos contaxia a súa luz. Porque el é o camiño, el é a verdade, el é a vida. E renovaremos o bautismo que nos uniu a el, e sentaremos á mesa, na Eucaristía que fai presente todo o seu amor. E logo, no domingo de Pascua, e en toda a cincuentena pascual, e en toda a vida, viviremos a alegría de ser homes e mulleres nov@s, cheos do Espírito de Xesús, testemuños del e do seu Evanxeo. BENDICIÓN DO LUME Oremos: Deus, que por medio do teu Fillo nos comunicaches o lume da túa vida divina, bendice (+) este lume novo e fai que estas festas pascuais acendan en nós o desexo do ceo, para que poidamos chegar con un espírito renovado á festa gloriosa do teu Reino. Por Xesucristo, o noso Señor. Amén. Despoi

No silenzo de Deus (Venres Santo)

MONICIÓN A outra cara do amor, que celebrabamos no día de onte: institución da Eucaristía, institución do sacerdocio, día do amor fraterno, é a celebración de hoxe: a morte na cruz do Señor. É o contrapunto do noso mundo, onde se miramos solo desde a superficie pareceranos que todo vai ben. Pero se nos esforzarnos por achegarnos a el desde os ollos de Deus, descubriremos que son moitas as disonancias; é moita a dor, a tristura e o sufrimento que aniña na vida e no corazóns de moitos dos nosos irmáns. É verdade que Deus nos concedeu a todos a mesma dignidade, pero tamén é verdade que a inxustiza que vai crecendo cada día, fai que esta dignidade non poida ser nin percibida nin vivida por todos do mesmo xeito. Uns, os menos, parecen vivir alleos ao que lle ocorre a quen está ao seu lado, como se non existiran. Outros, os máis, sofren, choran, vense desprezados e impotentes diante de situacións nas que lles resulta moi difícil percibir a presenza dese Deus amor e fraternida

Esas pequenas cousas da vida (Xoves Santo)

Esas pequenas cousas que van tecendo toda unha vida… PÓRTICO Xuntámonos esta tarde nun ambiente de festa para celebrar non só un aniversario, senón a presenza viva e cercana do Señor. Na súa despedida, Xesús non lle deixou aos seus discípulos nin un catálogo de normas que resumise o que debían crer, nin un código artellado de moral que fixara o que debe practicarse… nin tan sequera (mal que lles pese a algúns) un organigrama que determinara cómo e quén debía organizar a Igrexa. Confiou na comunidade, guiada polo Espírito. Porén, Xesús si deixou un xesto sinxelo como memorial (compartir o pan) e un xeito de vivir (o servizo cara aos demais); que hoxe lembramos dun xeito especial. Que a celebración que agora comezamos nos axude a facer memoria viva da súa presenza entre nós. O PERDÓN Porque nos gusta mandar, porque nos custa servir e preferimos ser servid@s, porque corremos cara os postos de prestixio para sentírmonos superiores aos demais, SEÑOR, LÁVANOS COA

No trunfo e na adversidade (Domingo de Ramos)

FÓRA DA IGREXA MONICIÓN AO COMEZO Rematamos hoxe o noso proceso coresmal para dar comezo ao tempo que nos vai levar da tristura á ledicia, do pesimismo á esperanza, da morte á vida, do fracaso á resurrección. Coma Xesús, tamén nós somos hoxe invitados a pornos en camiño, a superar complexos, a deixar atrás medos e desconfianzas.Queremos entrar en Xerusalén, a Xerusalén lugar de promesa e cumprimento. De tempo de chegada e inicio dunha nova xeira.Camiñemos cara á pascua. Ven a ti, Xerusalén coma un agasallo Chega a paz Coas mans abertas e dispostas a acoller Os que o ven lóano e aclámano Tamén nós, somos invitados a pornos en camiño Non lle digamos que non Lectura da lectura de Filipenses 2, 6-11 MONICIÓN Á BENDICIÓN Coma o Servo, tamén nós hoxe queremos iniciar o camiño para celebrar os grandes misterios da fe. O fracaso non nos vence, a morte non é máis ca paso, a vida chega chea de forza e plenitude, por iso erguemos os nosos ramos e as nosas palmas para que o Señor bendiga a naturez

Onde foi o adúltero (5º de Coresma)

V DOMINGO DA CORESMA (CICLO C) E o adultero, onde esta? PÓRTICO Nunha sociedade na que cada vez escoitamos máis falar de paridade e igualdade, a realidade vainos demostrando que aínda queda moi afastada a utopía da igualdade entre home e muller nos distintos eidos: a empresa, a política, a investigación…. E non digamos dentro da Igrexa, na que a muller, na meirande parte dos casos, é unha voz non escoitada e o que é pior, silenciada. Por iso o encontro de Xesús coa muller adúltera que hoxe escoitaremos no Evanxeo constitúe unha bocanada de aire fresco e, ao mesmo tempo, unha chamada de atención neste tempo coresmal que está chegando ao seu fin, para arredar de nós todo fariseísmo, toda hipocrisía e todo prexuízo. Que a celebración que agora comezamos nos axude a non facermos distincións, pois todos somos fill@s dun mesmo Deus e posuímos a mesma dignidade. O PERDÓN Polas veces en que xulgamos e condenamos aos demais, polas veces en que os matamos moralmente, e somos quen de seguir como

...A do Pai Bo (Coresma 2007)

A do fillo pródigo?. Non …. mellor a do pai bo Remol 4º Domingo de Coresma Pórtico Ah!! A parábola do fillo pródigo, esta xa a escoitei... e sen querer xa pensamos noutras cousas e desconectamos, perdéndonos a novidade que encerra. Pero, e se a chamamos a parábola do Pai bo?. O conto xa cambia. Pois cómpre que pensemos nela deste xeito, xa que é no perdón, na acollida, na festa, na esperanza, onde poñemos a énfase e non no pecado, na escapada, no negativo. Dende a liberdade de fill@s, dende a responsabilidade de sentirnos herdeir@s, comecemos esta celebración, non coma outro domingo máis, senón coma unha nova festa: o encontro co Pai. Perdón Porque preferimos andar por libre, acudindo a Ti nas dificultades, e aos demais cando os necesitamos, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN. Porque calculamos o que facemos polos demais: o tempo que lles adicamos, as forzas, os cartos que investimos neles ou os beneficios que nos aportan… e así reducimos a nosa relación con eles a un mero comercio, CRISTO, TÉN

Estou na Gratuidade (Coresma 2007)

III DOMINGO DA CORESMA Eu son o que son e estou n@s pobres, marxinad@s, fament@s, excluíd@s... na gratuidade PÓRTICO “Castigo de Deus “ é unha expresión que adoitamos escoitar cando sucede algunha traxedia. Pronunciar esta frase produce consolo aos que consideran que Deus é un xuíz severo que, con frialdade, examina a vida e as obras dos seus fieis, dictando sentencia condenatoria para os culpables. “Deus premia aos bos e castiga aos malos”, dixéronnos desde pequen@s; pero esta afirmación non se corresponde cun Deus que parece calar as máis das veces diante da inxustiza, da dor e da opresión humana. Para algúns Deus non intervén sempre, senón que manda un recado de cando en vez, a modo de escarmento, para que esteamos á espreita. Deus pode cansar, díxosenos, ten paciencia ata un certo límite. Pero ¿é este o rostro do Deus de Xesús?. A resposta é que non, que Deus non é partidario de escarmentos, ten unha paciencia infinita. Ninguén debe utilizar a traxedia humana como mecanismo de xust