No colo do Deus nai atoparemos consolo PÓRTICO Estamos tan afeitos a escoitar que temos que ser testemuñas daquel en quen cremos, que o dicimos coma un sonsonete rutinario, sen pararnos a pensar qué supón iso para a nosa vida de crentes. Porque que é unha testemuña?. Pois é aquela persoa que coñece un determinado feito e pode dalo a coñecer a outras persoas. De verdade nós vivimos a experiencia da fe coma algo liberador, que aporta algún sentido á nosa vida, que pode ilusionarnos e facernos contaxiar en abano esta ledicia e estas ganas a quen camiña con nós?; ou máis ben convertemos a nosa fe nun tranquilizante, nun cumprimento, nunha canga insoportable que poñemos sobre os nosos ombreiros e mesmo tentamos impoñela sobre os dos demais?. A nosa celebración de hoxe invítanos a reflexionar sobre o feito de que, se nós non estamos convencid@s de que paga a pena seguir a Xesús, que El nos fai mellores persoas, mellores cidadáns, mellores veciños, mellores compañeir@s de traballo.... non
Para orar e celebrar a fe na nosa terra