Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

DOMUND 2021 - 30 Domingo TO B

  Domingo 30 do Tempo ordinario CONTEMOS O QUE TEMOS VISTO E OÍDO CANTO GOZOSO Entrada .-  Que ledicia miña ( 4) Lecturas .- Escoita ti ( 26 ) Ofertorio .-  Misioneiro (115) Comuñón .- O pouco que Deus nos da (Pan do ceo, pan de vida Nº 53)    OLLOS ABERTOS          Neste domingo celebramos a dimensión misioneira da Igrexa: a xornada do Domund, o domingo das misións. Unha invitación a mirar máis alá dos nosos pequenos mundos particulares, porque a Igrexa é universal, e como servidora de canto humaniza a vida daxente, a súa misión é estar alí onde a situación das persoas máis empobrecidas o precise.          A lenda desta xornada lémbranos que todo o turbillón de vivencias compartidas e de presenzas múltiples ao lado das persoas descartadas deste mundo, non podemos gardalas para nós, senón que estamos obrigadas e obrigados a comunicalas ao mundo para que non esqueza que Deus move a facer o ben e a traballar pola xustiza sempre.          Que afondemos na nosa fe para que todo canto t

29 domingo TO B 2021

A HUMILDADE UNHA PALABRA PARA SER TESTEMUÑADA CANTO GOZOSO Entrada.- Camiñando pola vida (Nº 9) Lecturas.- As túas palabras son espírito e vida (Nª113) Ofertorio.-  Eiqui  están (Nº 32)  ) Comuñón.- Quedate, Señor, connosco (Nº 63) OLLOS ABERTOS A gran tentación contra a que temos que loitar cada día as persoas é a da soberbia. Si, porque no fondo, ou non tan no fondo, gústanos impoñer a nosa opinión, distinguirnos dos demais, que nos fagan caso; nunha palabra, sobresaír. Porén, o evanxeo vai noutra dirección: para Xesús, a diferenza dos Zebedeos, o importante non é ter poder, senón servir.  Que tamén nós, seguindo a xeira de Xesús, nos esforcemos por ser persoas servidoras e non ditadoras. CORAZÓN MISERICORDIOSO Por ter esquecido que o servizo é unha actitude á que nos invita Xesús; SEÑOR, QUE APRENDAMOS A ESCOITAR. Por non ter prestado atención a quen nos fala; CRISTO, QUE APRENDAMOS A ESCOITAR. Por non ser capaces de compartir no canto de impoñer; SEÑOR, QUE APRENDAMOS A ESCO

28 domingo TO B 2021

  Abríndonos ao camiño sinodal: camiñemos sen excluír. O poliedro é moi amplo CANTO GOZOSO ENTRADA: Pedras vivas / Unha parroquia nova LECTURAS: Déixate querer OFERTORIO: Recibe, Señor COMUÑÓN: No colo da miña nai   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              Comeza hoxe en Roma unha andaina nova na Igrexa: o camiño sinodal que nos levará, coa participación de todo o pobo de Deus (papa, bispos, curas, relixiosos e relixiosas, segrares...) a facer unha reflexión conxunta, sen que ninguén quede fóra, sobre como queremos que sexa a Igrexa neste século, neste momento; e cal ha ser o noso compromiso de participación e implicación para que deixe de ser unha institución piramidal rexida por bispos e curas. O Concilio deixouno moi claro: a Igrexa somos tod@s, porque somos pobo de Deus antes que calquera outra cousa. E isto, inda que pareza mentira, témolo esquecido, e non só os curas, inda que estes (nós), quizais moito máis. E se somos todas e todos por raíz compartida desde o bautismo, tamén