COMUNICAR A ESPERANZA NUNHA TERRA CON VOZ PROPIA CANTO GOZOSO ENTRADA: Todos xuntos (Nº 56) ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) LECTURAS: Canta Aleluia (Nº 21) OFERTORIO: Sementar, sementarei COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe estamos de festa por partida dobre: celebramos a Ascensión e tamén o Día das Letras Galegas. Ámbalas dúas festas teñen unha mesma mensaxe: o que é noso, o que nos toca o corazón, non pode quedar gardado nun caixón nin perdido nas nubes. Xesús non ascende para que quedemos na orfandade, senón para que collamos o relevo, para que entendamos que agora a súa voz é a nosa, e que os seus milagres teñen que saír das nosas mans. E que mellor día para asumilo que hoxe, o Día das Letras Galegas. Porque a nosa lingua é moito máis que palabras: é a nosa raíz, o xeito no que os nosos maiores nos ensinaron a querer e a rezar. Reivindicar o noso hoxe, sen vergoña e con org...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra