UN AMOR DE COMUÑÓN AO SERVIZO DA IGUALDADE CANTO GOZOSO Entrada: Con ledicia vimos ( 3) Lecturas: Benaventurados ( 119) Ofertorio: Déixate querer ( 61) Comuñón: Ide e pregoade (55) OÍDO ATENTO A Igrexa ten como un dos seus eixes o ser comunidade. Comunidade que se reúne, que comparte a mesma esperanza, que camiña de xeito solidario poñendo corazón e mans ofrecidas para quen o precise, que se sabe portadora dunha misión de esperanza, a pesares das desesperanzas que poida atopar no mundo no que está presente. Neste domingo, sabéndonos comunidade, celebramos a festa da Santísima Trindade, a festa da comuñón en igualdade do Deus Pai, Fillo e Espírito Santo. Deixemos logo que este amor derramado na Trindade do Deus amor, enchoupe tamén cada momento das nosas vidas. CORAZÓN DE MISERICORDIA Pola nosa falta de amor. SEÑOR, ENCHÓUPANOS DE SINXELEZA. Pola nosa falta de comuñón. CRISTO, ENCHÓUPANOS DE SINXELEZA. Por non tratarnos con igualdade. SEÑOR, ENCHÓUPANOS DE SINXELEZA. PALABRA OFRE
Para orar e celebrar a fe na nosa terra