VER, ACOLLER, ACOMPAÑAR... UN CAMIÑO NO QUE DESCUBRIMOS O GOZO DE SENTIRNOS IRMÁNS E IRMÁS Descargar o arquivo ESCOITA ACTIVA Hoxe é a festa da Presentación de Xesús no templo. Xa pasaron corenta días do seu nacemento e os seus pais, cumprindo unha das tradicións xudías lévano ao templo para presentárllo a Deus. Do mesmo xeito, tamén nós fomos presentados no templo o día do noso bautismo; fomos acollidos na fe da Igrexa e na comuñón sen exclusións de tod@s nós. Nesta acollida na comunidade comezamos o camiño dos seguidores de Xesús, para que aprendamos a ver, acoller e acompañar a cantos ao noso lado van sentindo como a luz da súa vida se vai apagando, e necesitan da presenza das luces dos irmáns para non perderse na escuridade de tantas vidas marcadas pola incomprensión, o sufrimento e a dor. Neste día de luz e candeas, que cantos presentamos as velas para ser bendicidas, tomemos conciencia de que elas son un simple sinal dunha tarefa que os cristiáns estamos chamados a
Para orar e celebrar a fe na nosa terra