PORQUE PARA TI NON EXISTEN CRISTIÁNS “CON DENOMINACIÓN DE ORIXE”... GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!! PÓRTICO Dinos a primeira lectura do Libro dos Feitos que hoxe proclamaremos, que os membros da comunidade tiñan medo de Paulo, non acababan de crelo nin de fiarse del. Non esqueceran que había ben pouco tempo que aquel que agora se achegaba como membro do grupo, andara a perseguilos. Tamén nos pode pasar a nós que non acabemos de fiarnos de tantas persoas que están dispostas a cambiar; de tantas persoas que queren romper co pasado, deixalo atrás, para reorientar a súa vida, e que buscan en nós unha man amiga que os acolla e acompañe. Este quinto domingo da pascua invítanos a reflexionar sobre cal é a nosa reposta diante destas situacións, para que nos esforcemos por superar as desconfianzas e non repetir unha e outra vez o que un foi no pasado. Na fidelidade á fe en Xesús, temos que esforzarnos en coñecer e saber qué supón e esixe ser cristián, e non deixarnos levar nin por ritos nin
Para orar e celebrar a fe na nosa terra