Na aparente
sobriedade da cruz, ábrese a solidariedade da resurrección, que racha cadeas de
escravitude
CANTO: Non vou so
PÓRTICO
Hoxe é
Venres Santo, e a celebración desta tarde quere expresar de xeito sobrio,
austero e sinxelo -que non rutinario-, que a chegada da resurrección non escapa
á tristura, á morte e á dor; ao contrario, dar pasos cara adiante e mirar o
futuro con esperanza, necesita ter experimentado a dureza do esforzo, a loita
contra a tentación do desánimo e o abandono; a vivencia que nos pon de
manifesto que as cousas, para poder conseguilas, non son froito do azar, a
sorte ou o engano cara aos demais, senón do traballo duro e non sempre doado,
que nos irá marcando o camiño no que o triunfo, a esperanza e a resurrección, é
dicir, a consecución da vitoria que nos trae Xesús, inda que tarden, acabarán
chegando.
Neste sentir comecemos a nosa
celebración do Venres Santo que nos quere facer pasar da morte, para levarnos
ao comezo da vida en Cristo.
ORACIÓN
Lembra, Señor, que a túa tenrura e a
túa misericordia son para sempre e non nos abandonan. Santifica aos teus fillos
e ás túas fillas e protéxenos sempre, pois Xesucristo, o teu Fillo, no noso
favor, instituíu pola súa entrega xenerosa na cruz, o camiño pascual que leva á
resurrección. Amén.
REMUÍÑO
o
Coma
o Servo de Isaías, tamén hoxe no noso mundo segue a haber moit@s serv@s aos que
lle impiden vivir en liberdade o gozo de saberse persoas. Segue habendo moitas
persoas ás que tratan de xeito inxusto á
hora de buscar traballo, de protexer os seus dereitos, de ter unha vivenda
digna a un prezo razoable e que non lla saquen os que máis beneficios obteñen e coaccionan a quen
fai as leis. Si, a experiencia do Servo da que nos fala o profeta, non quedou
no pasado de hai miles de anos, senón que se vai reeditando, tristemente e cada
vez máis, no noso tempo onde presumimos de chegar á lúa, dominar as novas
tecnoloxías e considerar que xa podemos prescindir de Deus e do sentido de
trascendencia que nos dá a fe. A consecuencia de todo este proceso de soberbia
na que os seres humanos, especialmente do mundo rico, temos caído é o baleiro
das nosas vidas, a capacidade de enganar e deixarnos corromper polos cartos e
canto con eles podemos adquirir; e o nacemento dun corazón endurecido e cada
vez menos sensible á dor que chega á vida de moitos fogares e familias que van
vendo como quedan sen nada e os seus proxectos, ilusións e esforzos se lles
veñen abaixo. Si, prescindir de Deus fainos caer na fantasía de que podemos
substituílo, e comezamos a xogar a ser pequenos deuses que todo o saben e nada
que non sexa material necesitan. Por iso Venres Santo segue a ser unha
oportunidade para que nos paremos a pensar onde queremos poñer o centro da nosa
vida e que horizontes queremos construír. De aí que coma o Servo da primeira
lectura, e coma o testemuño que do camiño de Xesús cara á Cruz da segunda,
tamén nós somos invitados a non deixarnos levar da tentación de querer ser e
xogar a ser pequenos deuses que se esquecen de quen son, prescinden dos demais,
e acaban sendo derrotados polo profundo baleiro que pouco a pouco chega ás súas
vidas e as abocan ao sen sentido. Que a Cruz sexa só paso, punto e seguido no
camiño da esperanza ao que nos abre a resurrección. Por iso para nós, a vida, e
con ela canto queremos celebrar na Semana Santa non remata no hoxe do Venres
Santo, senón que camiña cara ao mañá da esperanza e da resurrección.
o
No relato da Paixón que vimos de
proclamar, hai distintos personaxes que nos poden dar algo de luz:
ð
Xudas,
o amor fanático
ð
Caifás,
a relixiosidade baleira
ð
Poncio
Pilato, o apego ao poder
ð
Verónica,
o testemuño espontáneo
ð
Simón
de Cirene, a axuda oportuna
ð
María
Magdalena, a muller transformada
ð
Dimas,
o encontro ao atardecer
ð
Nicodemo,
a persoa que volve nacer
ð
Pedro,
o amigo que traizoa
ð
Xoán,
testemuña fiel
ORACIÓN UNIVERSAL
(Presentamos
o taboleiro no que está o signo que fomos elaborando ao longo dos domingos de
Coresma, e co que se nos quere invitar a que desde a solidariedade da Cruz, nos
esforcemos por rachar as cadeas que escravizan).
Imos agora
rezar, desde a universalidade de sentírmonos Igrexa á que lle preocupan e
ocupan as persoas e problemas que as persoas viven en calquera parte do mundo.
Dispoñémonos entón a rezar xunt@s con elas e por elas, e poñer a nosa oración
na man e baixo o agarimo sempre presente do Deus amor que non nos quere
escravos senón libres. Digamos xunt@s:
Pola Igrexa, para
que sexa no mundo de hoxe motor de encontro, entendemento e fraternidade non
violenta, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Polo Papa, para
que a súa palabra sexa sempre palabra non de condena, senón de unión, diálogo e
pluralidade no medio dunha sociedade individualista e cada vez máis
intolerante, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Polas comunidades cristiás,
para
que sexamos sempre berces onde quen chame nas nosas portas se senta acollid@ e
escoitad@, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Polas persoas que poñen a súa vida ao servizo da felicidade dos
entristecid@s, para
que o seu testemuño serva para mover corazóns e abrir mans que as convertan en samaritan@s
do século XXI, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Pola unidade dos cristiáns,
para
que máis alá das palabras, que tantas veces se esquecen, tod@s fagamos xestos
que nos leven a facer o camiño xunt@s e na búsquea da comuñón, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Polas persoas que, sen crer, viven servindo e facendo rir a quen
sufre, para
que aprendendo deles tamén nós descubramos, dunha vez por todas, que a
felicidade non está no ter, senón na capacidade que teñamos por comprender e
acompañar a quen sofre calquera tipo de carencia, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Polos que gobernan as nacións,
para
que nestes momentos de dificultade saiban ter miras amplas para non pecharse en
solucións egoístas só para os seus; e traballen polo ben común buscando
solucións que respecten a dignidade e non supoñan o enriquecemento dos que xa
teñen moito, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Polos que, a pesares de intentalo, a vida lles vai pechando
portas,
para que poidan atopar en nós, seguidores de quen entregou a súa vida en
servizo aos excluídos e necesitados do mundo, a palabra, o corazón e as mans que
traballen para que as portas se lles abran e non queden abandonados nas beiras
do camiño, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS
QUE ESCRAVIZAN
Señor,
que esta oración universal que compartimos e presentamos ante Ti, nos axude a
non esquecer que as cruces do noso mundo só poderán superarse se tomamos en serio
a túa mensaxe e nos esforzamos por vivila en cada unha das nosas accións. P.X.S.N.
Amén.
ADORACIÓN DA CRUZ
1) MONICIÓN
A
Cruz é contradición, porque nela concorre a morte, o fracaso, a desilusión, a
falta de ética e respecto para coas persoas, a corrupción, a escravitude de
tantas persoas enganadas polos poderosos, o desamor dun desencontro coa persoa
á que queriamos, a perda dun ser querido a quen necesitabamos e se nos foi de
xeito inesperado...Pero diante disto, que ninguén nega, a Cruz é tamén vida,
esperanza, alento, forza, xermolo do novo, e todo ata chegar á resurrección.
Neste claroscuro de luces e sombras que é a Cruz, acheguémonos agora a render a
nosa admiración e esperanza na súa adoración.
2) INVITACIÓN PARA MOSTRAR A CRUZ
Desde o fondo da Igrexa, tres persoas con velas traen a cruz
Mirade a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do
mundo
3) ADORACIÓN DA CRUZ
En silencio, achegámonos a adorar a cruz, facendo antes unha
leve inclinación.
COMUÑÓN
Noso PaiAño de DeusDistribución
da comuñón
(Canto da comuñón: Quédate,
Señor ,connosco)
Oración
Deus Pai de amor e misericordia,
renováchesnos coa morte e resurrección de Cristo, non deixes da túa man o labor
que comezaches en nós, para que a nosa vida sexa sempre un servizo solidario de
comuñón e acollida de quen se senta necesitado.P.X.N.S. Amén.
Bendición
Que a túa bendición, Señor, descenda
con abundancia sobre esta comunidade que vén de celebrar a morte do teu Fillo
coa esperanza da chegada da resurrección; que a túa esperanza, misericordia e
perdón enchoupen as súas vidas, e a súa fe os leve a preocuparse polos irmáns
que necesitan de mans que os axuden e acompañen. P.X.N.S. Amén.
Comentarios