XXIXº Domingo do tempo Ordinario Enviad@s a evanxelizar na xenerosidade da fraternidade: cidadanía e misión Cantos Entrada.- Con ledicia vimos () Lecturas.- Ergo os meus ollos (112) Ofertorio.- Non vou só ( 60 ) Comuñón.- Ide e pregoade (55) MIRANDO AS BEIRAS O Evanxeo recolle a invitación de Xesús aos apóstolos para que vaian e anuncien. É dicir: a que se poñan en camiño para mostrar o que sentían e vivían. Sen movernos, dificilmente sairemos da nosas zonas de conforto, polo que a nosa experiencia de fe e vida sería empobrecedora. Porén, os apóstolos puxéronse en camiño, saíron da súa rutina e comezaron a facer da misión que Xesús lles encomendara o guieiro das súas vidas. E tan ben o fixeron que por iso estamos aquí, compartindo e celebrando que hoxe tócanos a nós ser axentes de que esta misión non esmoreza. E isto lembrámolo neste domingo do DOMUND –Xornada Mundial das Misións– que nos fai tomar conciencia que neste envío tócanos a nós ser misioneir@s na Casa Común q
Para orar e celebrar a fe na nosa terra