Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2019

19 Domingo TO C 2019

TRABALLEMOS PARA QUE A ESPERA NON SE CONVERTA EN DESESPERACIÓN SENÓN EN CAPACIDADE CREATIVA E ANOVADORA Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Andarei na presenza (Nº 11) Lecturas.- As túas palabras, Señor (Nº 113) Ofertorio.-   Na nosa terra (Nº36) Comuñón.-    Déixate querer (Nº 61)) Oídos atentos Saber esperar, abordar as cousas con tranquilidade, superar a tentación da impaciencia... Este é un dos retos que as persoas, crentes ou non, temos por diante. E isto é así porque as présas non son nunca boas compañeiras na viaxe da vida. Porén hoxe por hoxe tod@s andamos con présa, ás carreiras, deixando pouco tempo para a reflexión e tranquilidade. E que faltiña nos fan! Que a celebración que agora comezamos sexa un momento no que nos esforcemos por estar en desconexión tecnolóxica, para facer deste momento diálogo con Deus e experiencia comunitaria, e non distracción que nos impide sentir o gozo da súa tenrura. Corazón misericordioso Para que venzamos a tentación de

18 domingo TO C 2019

Fagamos o posible para que o sopro da vida sexa un sopro de tenrura no rostro dos irm@s! Descarga o ficheiro Cantos Entrada .- Vaiamos ao altar ( 133) Lecturas .- Contade as marabillas do Señor ( 24 ) Ofertorio. - Xurdirá ( 128 ) Comuñón .-  Non vou só ( 60 ) Oídos atentos Cantas veces non temos escoitado, e mesmo expresado, que a vida é un sopro, que estamos de paso, que non paga a pena enfrontarnos, inimizarnos, aferrarnos ás cousas materiais... si, cantas veces o temos escoitado, manifestado e tamén pensado. Pero que rápido, a vida é fugaz e pasaxeira, o temos tamén esquecido! Porén, a celebración de hoxe volve querer ser unha porta aberta pola que se nos invita a entrar no interno da nosa vida, das nosas conviccións, dos nosos valores e, como consecuencia, das actitudes que todo o anterior supón e pide de nós. Non nos deixemos levar do que nos entretén, pero nos baleira interiormente. Apostemos polo pequeno, sinxelo e cotián, que tantas veces enche a fai po