A CASA FAINA O PAN COMPARTIDO NO ALTAR DA DIGNIDADE: PREPARAR O CUARTO A TRAVÉS DO REPARTO CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Camiñando pola vida ö ASPERSIÓN: A auga do Señor ö LECTURAS: Eu soñei O Señor é o meu pastor (Nº 27) ö OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118) ö COMUÑÓN: Ti es camiño e verdade (Nº 57) MIRADA AGRADECIDA Benvidas e benvidos a esta mesa, que hoxe é máis camiño que templo. Hoxe a Palabra ponnos diante dun espello que ás veces incomoda: a primeira comunidade cristiá tiña un problema de xustiza, non de rezos. Mentres uns falaban do ceo, as viúvas quedaban atrás no reparto. Alí naceu a nosa primeira gran lección: non hai espiritualidade real se alguén queda fóra do reparto da dignidade. Aquela decisión de buscar mans para o servizo non foi burocracia, foi amor feito loxística; foi entender que o sagrado non só habita no misterio do altar, senón tamén na xustiza do prato de comida, no dereito á ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra