DO DITO AO FEITO....HAICHE UN GRAN TREITO Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA A celebración de hoxe é unha invitación a que nos preguntemos, dun xeito sincero, que significa realmente Deus no noso quefacer cotián. O que se opón moitas veces á fe non é a increnza, senón a falta de vida. Porque, que importa o credo que pronuncian os nosos beizos se falta logo na nosa vida un mínimo esforzo de seguimento de Cristo?; que importa que un fillo lle diga a un pai que vai traballar na viña se logo en realidade non o fai?. Non será que temos reducido, a miúdo, a nosa fe a palabras, ideas ou sentimentos?. A Palabra proclamada quere axudarnos, unha vez máis a descubrir que a verdadeira fe, hoxe coma sempre, é a que viven aqueles homes e mulleres que traducen en feitos o Evanxeo. Porque.... do dito ao feito, haiche un gran treito. Que non nos quedemos en palabras que leva o vento. Camiñemos cara ao compromiso. CORAZÓN MISERICORDIOSO Polas veces nas que lle temos esixido aos de...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra