DEUS
QUERE MISERICORDIA....... NON SACRIFICIOS
Descarga o arquivo
ESCOITA
ACTIVA
Vivimos nunha
sociedade deshumanizada, na que a valía das persoas é proporcional ao
rendemento que delas podemos obter. Unha sociedade de descartes, como di o papa
Francisco, que bota fóra á xente maior, prescindindo así de toda a súa ampla
experiencia de vida e que bota fóra tamén aos nenos e á mocidade porque
non son rendibles, xa que hai que investir na súa formación. E é que a lei do
mercado, a lei da oferta e da demanda, non permite sentimentos, non lle convén que perdamos o
tempo en pensar. O resultado está á vista: non cremos no que facemos, fáltanos
capacidade para a tenrura, poñemos a norma por riba das persoas, contentámonos co
cumprimento, esquecemos valores e conviccións... E deste xeito ímonos baleirando
por dentro, ímonos insensibilizando, e mesmo desculpamos e adoptamos
comportamentos a todas luces inmorais, que escravizan ás persoas.
E resulta que chega Xesús e dinos que o amor é a primeira e a única lei.... Que
paradoxo, non si?. Prestemos atención á súa palabra e deixemos que vaia
renovando e vitalizando a nosa vida, porque se non hai amor, para que serve a
lei?... Simplemente para facernos escravos dela.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
·
Por ter
esquecido que o cumprimento é estéril se non vai acompañado do servizo á persoa, SEÑOR, QUE NUNCA NOS FALTE O AMOR.
·
Por ter
promovido comportamentos e actitudes legalistas e baleiros na nosa maneira de
facer as cousas, CRISTO, QUE NUNCA NOS
FALTE O AMOR.
·
Por non prestar
atención á situación das persoas que están ao noso lado e buscan en nós un corazón
misericordioso, SEÑOR,
QUE NUNCA NOS FALTE O AMOR.
PALABRA
ENRAIZADA
·
Son moitas as
ocasións nas que deixamos de lado o respecto e a tolerancia á hora de xulgar
as opinións e accións dos demais, sobre todo se non son dos nosos. Ezequiel,
na primeira lectura de hoxe volve insistir no que é o tronco da vida
de fe: o recoñecemento da dignidade da persoa e o afastamento de toda
idea que supoña vinganza, rancor ou violencia cara aos demais. Crer,
rezar, participar en accións solidarias… só terán sentido se o facemos guiad@s polo
respecto que todas as persoas nos merecen... pois todos somos presenza de Deus
e a fe ha levarnos a un compromiso no mundo e co mundo para denunciar calquera
atropelo contra a dignidade das persoas, sexa no lugar que sexa e sexa no ámbito que sexa:
eclesial, laboral, xudicial, político...... A salvación xógase na casa do
mundo, tomándoo en serio, e non evadíndonos en rezos rituais ou costumes
cheas de tópicos. Un bo inicio para esta nova xeira pode ser que non
encirrar dentro de nós sentimentos de enfrontamento, provocación inútil ou desprezo
cara aos demais.
·
E se camiñamos por ese
vieiro de empatía, misericordia, colaboración e servizo, chegaremos ao pleno
cumprimento da lei, é dicir o amor. Non fagamos del una frase puramente poética ou unha
fermosa palabra comodín que sempre acae ben. Poñámoslle vida, actitudes, preocupación polos demais,
cercanía, solidariedade, capacidade de escoita, tempo compartido con quen o necesita
.... Abrámoslle as portas a Deus e abrámoslle ás portas aos
demais. Se nós somos capaces de amar, quen nos vexa será capaz de
descubrir quen é e por que dixo Xesús o que dixo: amádevos. O seu
mandado de amor, como nos lembra o Evanxeo de hoxe, lévanos a
arriscar, canto somos e temos, polos irmáns. Insistir unha e outra vez. A
tempo e a destempo, con constancia e paciencia. Constancia e paciencia que nos
conforman como persoas decididas a poñer a nosa referencia non só en nós, no que nos
peta, nos gusta ou nos apetece.
·
Porque nunha
sociedade que prema a cantidade sobre a calidade, nós, os seguidores
de Xesús, primamos a calidade sobre a cantidade. Cando falaba do Reino, Xesús non puña o til en
grandes pretensións sociais, senón que se refería a el coma lévedo oculto, sal
transformadora, pequena semente..... Na Igrexa de Xesús non se pode
estar de calquera xeito: por costume, por inercia ou por medo. Trátase de xuntarse
no seu nome, conscientes de que sempre precisamos conversión. Xesús, como nos
lembra o evanxeo de Mateu que vimos de proclamar, tróuxonos un novo
tipo de relacións que nós estamos chamados a poñer en práctica: relacións baseadas na
verdade (dicir si, dicir non, non basearse en suposicións, senón en datos
certos); relacións de franqueza, que nos leven a plantexar os problemas
cara a cara; relacións de liberdade, respecto e tolerancia; relaciones de
amabilidade e comprensión; relacións de desbloqueo (non gardar as cousas, porque nos pechan
aos demais e o día menos pensado estoupan e causan graves feridas.... ás veces
incurables); relacións de esperanza, sen perder nunca a perspectiva de que
todos podemos cambiar; relacións cinguidas polo amor.
FRATERNIDADE
ORANTE
Poñemos por riba do altar a nosa oración
comunitaria e dicimos xunt@s:
MISERCORDIA QUERO E NON SACRIFICIOS
· Para que na
Igrexa teñamos sempre presente que por riba do cumprimento da lei
están as persoas, OREMOS.
MISERCORDIA QUERO E NON SACRIFICIOS
· Moitas veces nas
nosas parroquias volvémonos inxustos e insensibles cara aos demais, estando
sempre dispost@s a xulgal@s, pero poucas veces a escoital@s. Para que
abandonemos este atallo e collamos o camiño do amor e da comprensión mutua, OREMOS.
MISERCORDIA QUERO E NON SACRIFICIOS
· Por cada un e
cada unha de nós, para que sempre esteamos dispost@s a pedir perdón a quen
ofendemos e tamén a perdoar a quen nos ten ofendido a nós, OREMOS.
MISERCORDIA QUERO E NON SACRIFICIOS
Grazas,
Señor, por abrirnos a mente e o corazón a
unha vivencia do Evanxeo que pasa por aprender a ver na xente a túa
presenza gozosa e esperanzada. P.X.N.S Amén.
MIRADA
ESPERANZADA
Onde reina a competencia desleal, nós anunciamos a lealdade.
Onde reina o afán de poñerse por riba dos demais, nós anunciamos a igualdade.
Onde reina o desexo de figurar, nós anunciamos o servizo.
Onde reina a dificultade para as relacións mutuas, nós queremos estar
sempre dispoñibles.
Onde reina a explotación, nós anunciamos a solidariedade.
Onde reina a inxustiza, nós traballamos a prol da xustiza.
Onde reina o pasotismo, nós anunciamos o compromiso e a implicación.
Onde reina o silencio, nós anunciamos a denuncia profética.
Onde reina o rancor, nós anunciamos o perdón e a misericordia.
Onde reina a lei, nós anunciamos o amor como única e verdadeira lei.
CANTO
GOZOSO
·
ENTRADA: Andarei na
presenza do Señor
·
LECTURAS: Eu soñei
·
OFERTORIO: Todos xuntos
·
COMUÑÓN: O amor é o meirande
Comentarios