Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2016

23 domingo TO C 2016

No mundo pretendidamente feliz no que vivimos, onde cada vez hai máis persoas solas e esquecidas, estamos chamados a ser, os seguidores de Xesús, presenza agarimosa e tenra, portadora de esperanza e alegría Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO * ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) * LECTURAS: Escoita ao Señor, pois El contigo está (Nº 15) * OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31) * COMUÑÓN: Todos xuntos (Nº 56) ESCOITA ACTIVA Non hai moitos días aparecía no xornal unha noticia que chamaba a atención aos que a liamos. En Roma, unha persoa, ante os laios cada vez máis fortes provintes do piso dos seus veciños; un matrimonio de 94 e 89 anos respectivamente, chamou á policía. Cando esta chegou, o que se atopou foi a estas dúas persoas maiores solas e chorando con desespero. Resulta que había moito tempo que ninguén viña visitalos, que ninguén os chamaba por teléfono; mesmo os veciños tampouco se achegaban a preguntar co

22 domingo TO C 2016

QUEN NUNCA TIVO UN PORCO E AGORA TEN UN PORQUIÑO, ÁNDALLE TODO O DÍA CURRICHIÑO, CURRICHIÑO   Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO * ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) * LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18) * OFERTORIO: Seguirei os teus pasos (Nº 103) * COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 119) ESCOITA ACTIVA Hai quen di que para coñecer ben a unha persoa haille que dar un carguiño, aínda que sexa pequeno. É aí onde se descobren os mellores e os peores instintos: sabendo que temos algunha influencia, algún poder. No fondo, parece que a tod@s, se ben é certo que a uns máis que a outros, nos gusta saír na foto, que nos coñezan, que nos dean palmadas nas costas e nos feliciten... nunha palabra, que precisen de nós. E esta situación, que descubrimos a cotío nos nosos políticos, nas asociacións de veciños, nas comisións de festas, nos equipos directivos.... tamén se dá na nosa Igrexa, na que moitas veces, non só a xerarquía, senón tamén os

21 Domingo TO C 2016

Por moito que nos esforcemos para facer de Deus a xustificación da nosa teima por enfrontar, violentar e excluír, El segue a ofrecérsenos e mostrársenos como o Deus pacífico que acolle e integra Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *      ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) *      LECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida *      OFERTORIO: Canta o sol (Nº 22) *      COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESCOITA ACTIVA Cando todo se nos volve aparencia e teatralidade; cando confundimos o real co imaxinario; cando non somos capaces de ver o mundo máis alá dos nosos propios intereses, disfrazados de palabrería baleira, convertémonos en construtores de decepción para os que esperan de nós coherencia, responsabilidade e honestidade no actuar e nas decisións que tomamos. Na nosa terra a ese xeito de facer as cousas dámoslle un nome: falabarato. Porén, a palabra de Deus volve insistir na idea de que Deus, ao