DO DITO AO FEITO... HAICHE UN GRAN TREITO CANTO GOZOSO ENTRADA: Amigos nas penas LECTURAS : Benaventurados (Nº 119) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) ESCOITA ACTIVA A celebración de hoxe é unha invitación a que nos preguntemos, dun xeito sincero, que significa realmente Deus no noso quefacer cotián. O que se opón moitas veces á fe non é a increnza, senón a falta de vida. Que importa o credo que pronuncian os nosos beizos se falta logo na nosa vida un mínimo esforzo de seguimento de Cristo?; que importa que un fillo lle diga a un pai que vai traballar na viña se logo en realidade non o fai?. Non será que temos reducido a nosa fe a palabras, ideas ou sentimentos?. A Palabra proclamada quere axudarnos, unha vez máis, a descubrir que a verdadeira fe, hoxe coma sempre, é a que viven aqueles homes e mulleres que traducen en feitos o Evanxeo. Porque.... do dito ao feito, haiche un gran treito. Que non nos quedemos en palabras que leva o vento
Para orar e celebrar a fe na nosa terra