MARTA CREU….E TAMÉN RESUCITOU SINAL DE CORESMA Colocamos a quinta e derradeira peza do quebracabezas sobre o corazón que temos no taboleiro situado diante do altar. Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO o ENTRADA: Arrepentido (nº 13) o LECTURAS: Na noite escura (Nº 104) o OFERTORIO: Canta o sol, canta o mar (Nº 22) o COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESCOITA ACTIVA A vida de cada un de nós é unha experiencia chea de contrastes. Ao lado das nosas pobrezas: afán de protagonismo, envexas, egoísmo, inxustizas... están tamén a solidariedade, o amor, o servizo aos demais, o compartir... Estas actitudes, positivas e negativas, van facendo que vaiamos configurando a nosas personalidade, o noso xeito de ver e de facer as cousas. E neste proceso de cambio que é a Coresma no que queremos ir pasando de situacións de morte a situacións de vida, dun corazón de pedra a un corazón de carne, so
Para orar e celebrar a fe na nosa terra