EL TAMÉN ESTÁ NO PAN ENDURECIDO POLA DOR, O ESQUECEMENTO, A EXCLUSIÓN OU A INDIFERENZA. ABRAMOS BEN OS OLLOS PARA SABER RECOÑECELO! CANTO GOZOSO ENTRADA: Bendito Ti, Xesús resucitado (Nº 111) LECTURAS: Ergo os meus ollos (Nº 112) OFERTORIO: Velaquí (Nº 37) COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) ESCOITA ACTIVA Os dous de Emaús fixeron un treito do camiño na compaña de Xesús; pero non foron quen de recoñecelo. Falaron uns e Outro; pero nin así. So despois de porfiaren con El para que quedara, ao bendicir o pan foron capaces de recoñecelo. Tamén a nós nos pasa o mesmo. Atopámonos cada día co rostro de Xesús ao cruzarnos con moitas persoas; pero non somos capaces de recoñecelo. Pásanos coma aos de Emaús. Por que será? Porque coma eles, tampouco nós cremos o testemuño dos que si saben descubrilo e percibilo ao seu lado? Porque, a diferenza dos sinxelos e pequenos, pensamos que o imos recoñecer en templos maxestosos ou en celebracións con
Para orar e celebrar a fe na nosa terra