Por que sempre lle damos tanta importancia ás campás e descoidamos para que nos chaman? Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO * ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) * LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) * OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) * COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 119) ESCOITA ACTIVA Mira que insistimos unha e outra vez na importancia da fe e máis da esperanza! E facemos ben; pero esquecemos que estas dúas non valerían ren se non as poñemos en relación coa caridade. A mensaxe de Xesús está dirixida ás persoas, ao seu corazón, a canto nos fai sentir e percibir. Non estamos diante dunha construción dogmática, preocupada por controlar se somos ou non moi cumpridores das prácticas de piedade ou se nos apartamos de cumprir ou incumprir as leis que ao longo destes dous mil anos de vida da Igrexa nos fomos dando para poder organizarnos como comunidade universal presente en todo recuncho do mu
Para orar e celebrar a fe na nosa terra