(Quen preside/dirixe a celebración, comeza poñéndose en actitude de adoración diante do monumento.) Da cruz de Xesús ás cruces do noso tempo CANTOS Entrada .- Seguirei os teus pasos (Nº 103) Lecturas .- Ergo os meus ollos (Nº 112) Adoración da cruz .- Pai, Pai Comuñón . Acharte presente (Nº 51) SEGUIREI OS TEUS PASOS A sobriedade marca a liturxia do Venres Santo. A celebración de hoxe invita ao silencio, á revisión interior, a facer a nosa reflexión sobre cales son as nosas decisións: desde onde as tomamos, se somos conscientes de que non sempre acertamos, de incorporar a fraxilidade e a capacidade de equivocarse no discernimento previo... Non estamos a falar de si somos dun ou doutro equipo, de algo accesorio, senón de cales son as liñas mestras desde onde queremos camiñar na vida. Esas liñas que nos orientan e nos van dicindo que non todo é igual nin que tampouco todas as decisións t...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra