3º domingo de Pascua Botar as redes sen enredar CANTOS Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar ( 2 ) Lecturas.- Cantádelle ao Señor ( 21) Ofertorio.- Cantade ao Señor ( 23 ) Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas ( 50) ABRINDO OS OLLO S De redes fálanos hoxe o evanxeo, e que ben acaído vén neste momento no que todas e todos somos usuarios habituais das redes. Que é senón whatsApp para moitas e moitos de nós: mensaxes, avisos, fotos...? Nunha palabra: comunicación. Pero as redes das que fala Xesús non enredan mais si achegan, acompañan, tenden a man e escoitan. A esas redes é ás que nós somos invitadas e invitados a poñer a nosa mirada e o noso corazón. Preparémonos entón para compartir este momento de oración sentíndonos membros da rede de esperanza que nos trae Xesús coa súa resurrección. ACOLLENDO A MISERICORDIA ASPERSIÓN · Porque moitas veces somos enredantes e non redeiras e redeiros de esperanza e pa...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra