Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

18 domingo TO C

DE PASO, SEMPRE DE PASO. DE PASO. GOCEMOS DA NOSA CONTINXENCIA Pórtico Formulamos moi ben as cousas teoricamente, pero non somos o mesmo de lúcidos cando temos que aplicar toda esa teoría ás nosas vidas, ao día a día de cada un de nós e dos que nos rodean. Dicimos isto porque todos temos manifestado en diversas ocasións que estamos aquí de prestado, que somos para un tempo, que non podemos aferrarnos ás cousas materiais, que todo queda aquí, que para alá non levamos nada... cantas veces non nos temos manifestado así?. E tal e como o dicimos, parece mesmo que o cremos, que o tomamos en serio. Logo, cando vén o problema, a enfermidade, o fracaso inesperado, a partida dun familiar ou amigo ocorre que nos resulta difícil aceptar e entender o efémero da nosa vida, a nosa continxencia e limitación.          A pensar sobre isto é ao que nos invitan os textos que hoxe imos proclamar na celebración. Por iso non debemos esquecer cales son os centros, os principios, os referentes que no

Domingo 17 TO C

FRONTE Á RENDIBILIDADE MATERIAL, CONFIANZA ORANTE E ACOLLEDORA PÓRTICO Todos nós somos fillos do tempo no que vivimos. Isto fai que vaiamos asumindo, mesmo inconscientemente, maneiras, formas e xeitos de entender a vida e de facer as cousas propias de cada tempo. E tan metidos no papel estamos que acabamos por non saber prezar a diferenza entre o que facemos persoalmente e o que facemos en conxunto. Vén ser algo así como que nos diluímos na masa, o que acaba facendo que nos confundamos e non saibamos distinguir a diferenza; o que nos identifica e nos fai únicos e inconfundibles. Consecuencia: ao final é o chamado pensamento único o que guía a nosa vida, empobrecéndonos e reducíndonos a ser todos iguais, a facer o mesmo e a actuar como se foramos máquinas, sen saber prezar a diferenza que nos aportan a cultura, a fala, os valores e a capacidade de ser reflexivos e críticos á hora de elaborar o noso pensamento. Esta debilidade arrastra tamén a nosa vida de fe e as nosas convi

Santiago Apóstolo

A NECESARIA FIDELIDADE AOS SINAIS DOS TEMPOS (G.s. 4) COMO XERMOLO DE RENOVADA EVANXELIZACIÓN PÓRTICO Unha frase que seguro temos escoitado moito a curas, bispos e papas cando falan da necesidade que ten a Igrexa de manter sempre vivo o seu compromiso de evanxelizar é a de que temos que estar atentos aos “ sinais dos tempos ”, é dicir, que non podemos escapar da realidade, dar de costas ao que está pasando ao noso redor. Non, porque canto ocorre e nos ocorre, debe interesarnos e preocuparnos, pois como moi ben di o concilio Vaticano II, “ nada hai verdadeiramente humano que non atope eco no seu corazón” . De aí que teñamos que prestar atención e implicarnos en todo o que se relacione coa vida e realidade das persoas. Só así, poderemos ser verdadeiros xermolos de renovada evanxelización no medio do mundo. Se nos illamos, se estamos como se as cousas non foran con nós, se non nos preocupamos do que lle pasa á xente, dificilmente podemos chamarnos, e selo, seguidores de Xesús, cri

Domingo 16 TO C

ACOLLER, ESCOITAR E ACOMPAÑAR. TRES VERBOS QUE UN CRISTIÁN NON PODE NUNCA DEIXAR DE CONXUGAR PÓRTICO En tempos recios e difíciles, valóranse moito as actitudes que as persoas imos despregando en relación aos demais. Así, namentres as cousas van ben e todo é ledicia e consumo, son poucos os que se lembran dos pobres e de quen os atende. Porén, cando chegan momentos de dificultade e escaseza, sempre se escoitan voces de quen di que é necesario atender, axudar e preocuparse polos outros. Que mágoa que cheguemos a ese convencemento só nestes momentos, logo de deixar escapar tantas situacións nas que ben puidemos ser os primeiros en tender man e tempo a quen o necesitaba. Claro que en tempos de abundancia, aos que así o fan se lles chama ociosos, porque disque non teñen nada mellor que facer que ocuparse dos pobres. Pero cando chegan as dificultades, ben que chamamos nas portas que sabemos que nos van abrir, sen importarnos nin preguntarnos se son ou non ociosos os que nos abren

15 Domingo TO C

O SACERDOTE E O LEVITA CHEGARON SEN OBSTÁCULO AO FINAL DO SEU CAMIÑO.... PERO FALTARON AO ENCONTRO. O SAMARITANO SÓ DEU DOUS PASOS.... PERO NA DIRECCIÓN EXACTA PÓRTICO Dun tempo a esta parte, competitividade, esa é a palabra clave que escoitamos desde todos os ámbitos. Hai que loitar polos propios intereses. O próximo só é un obstáculo e mesmo un adversario que me pode desbancar. Cada vez está máis claro: non vai haber recuperación económica para todas as persoas, pois a reconversión vaise facer relegando na pobreza a sectores que non poderán beneficiarse do benestar material que pretendemos conseguir. A saída da crise só vai ser para os máis privilexiados, porque se vai lograr fundindo no traballo intermitente, no paro e na crise aguda aos máis febles e desafortunados. Unha vez máis, repítese a parábola de Xesús. Á beira do camiño van quedando homes e mulleres despoxados, empobrecidos e maltratados. E unha vez máis vémonos obrigados a escoitar a chamada do evanxeo. Ou seguimos