SABER QUE SOMOS A SÚA IMAXE, ESÍXENOS E COMPROMÉTENOS A RECOÑECELA PARA DENUNCIAR A QUEN A ASOBALLA PÓRTICO Son moitas as veces nas que temos escoitado que a Palabra de Deus é atemporal, é dicir, que non ten data de caducidade, senón que sempre é actual. Pois ben, iso que ás veces non temos demasiado claro, hoxe maniféstasenos nas lecturas que imos proclamar dun xeito transparente. Si, porque nos tempos de crise coma os que estamos a vivir, nos que cada día son máis as persoas abocadas ao paro, nos que os comedores sociais cada vez están máis ateigados de xente que non ten nada para comer, nos que en demasiados fogares hai que facer verdadeiros milagres para chegar a fin de mes e noutros non se chega nin tan sequera facendo milagres, a lectura de Paulo que imos escoitar cobra plena actualidade e quere ser toda unha chamada para que os que nos consideramos seguidores de Xesús aprendamos a estar neste noso mundo no que os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez son má
Para orar e celebrar a fe na nosa terra