Ir al contenido principal

San Xoán Bautista

E TI, DE QUE LADO ESTÁS?....
D@S CHAMAD@S A VIVIR EN SANTIDADE E EN XUSTIZA

PÓRTICO

Os textos que imos proclamar hoxe queren ser unha chamada a vivir en “santidade e en xustiza”. Si, porque vivir en santidade é vivir con toda a dignidade de persoa que ten como prototipo a Xesús, e vivir en xustiza implica que todo ser humano poida chegar a ser o que ten que ser, o que Deus quere que sexa. Xustiza é poder medrar física, intelectual, social, cultural e moralmente. Xustiza é ter unha vivenda e un medio digno de sustento. Xustiza é vivir con dignidade de fill@ de Deus e tentar darlle a esa dignidade a todas as persoas, sobre todo ás que máis o precisan.
Que a festa que hoxe celebramos, o nacemento de Xoán Bautista, o máis grande entre os profetas, nos axude a desenvolver esta tarefa profética á que tod@s nós estamos chamad@s.

O PERDÓN

  • Porque moitas veces negámonos a responder con sinxeleza e ledicia á túa chamada e só buscamos recoñecemento, loanzas efémeras, prestixio ou poder, SEÑOR, QUE ANDEMOS NA XUSTIZA.
  • Por non estarmos dispost@s a denunciar tantas inxustizas, explotacións e manipulacións que hai ao noso redor, e preferimos seguir no noso silencio cómplice e covarde, CRISTO, QUE ANDEMOS NA XUSTIZA.
  • Por non ter descuberto que seguirte a amarte supón achegarnos e escoitar a quen está triste, desesperanzado ou se sente débil, SEÑOR, QUE ANDEMOS NA XUSTIZA.

REMUÍÑO

Toda a historia da salvación vainos manifestando a xustiza de Deus:
En tempos de Moisés, Deus, o Deus dos pobres, fixo opción polo pobo oprimido, non polo pobo opresor, porque non quere a tiranía dos exipcios, nin a escravitude dos hebreos. El quere para tod@s a mesma dignidade e a mesma igualdade.
En tempos dos profetas, Deus, o Deus dos profetas, fixo opción polo pobo desterrado, non polo pobo conquistador. El non quere a prepotencia nin a dependencia, senón que quere para tod@s a liberdade.
En tempos de Xoán Bautista, Deus, o Deus das promesas, fixo opción polo pobo sometido, non polo pobo dominador, porque non quere a violencia nin a sumisión, senón o respecto e a solidariedade.
En tempos de Bieito XVI, Deus, o Deus de Xesucristo, fai opción polos pobos empobrecidos e expoliados, polos masacrados e excluídos, polos débiles e pacíficos, e nbon polos pobos conquistadores, inxustos e insolidarios, porque nunca poderá bendicir as súas ambicións, as súas riquezas tinxidas de sangue, pois El quere a xustiza e a paz.
Hoxe a festa de Xoán Bautista, aquel de quen Xesús dixo: “non naceu de muller ninguén máis grande que Xoán Bautista”, a súa mensaxe é dunha sinxeleza, dunha actualidade e dunha radicalidade aplastantes. A voz de Xoán era e é unha invitación á xustiza, a compartir, a terminar con todo tipo de abusos e prácticas que, favorecendo a uns, afunden na pobreza e na miseria a outros. E aínda seguimos dicindo que non necesitamos conversión?. Hai que moverse!.

A pregunta xurde en nós de xeito espontáneo: que podo facer eu diante de problemas mundiais que desbordan totalmente as miñas posibilidades?, como podo colaborar a que tamén entre os pobos da terra se cumpra a invitación do Bautista?. Primeiro temos que tomar conciencia de que detrás desa política insolidaria e competitiva que rexe o mundo, hai un xeito de vida, de satisfacer as necesidades e de desenvolver os nosos intereses, que estamos alimentando entre tod@s. As preguntas que hoxe nos podemos facer ao redor da mensaxe plenamente actual do Bautista poderían ser estas:
- queremos seguir satisfacendo as nosas necesidades e desenvolvendo o noso benestar nun proceso que non ten fin, sen preguntarnos nunca a costa de quen o facemos?
- estamos dispost@s a establecer relacións económicas desde a ética e non desde o binomio países ricos-países pobres?
- estamos dispost@s a ceder algo do noso para que outros teñan o seu?
- estamos dispost@s a vivir dun xeito máis austero, non para ter máis e para aforrar, senón para que poida avanzarse cara unha orde internacional máis solidaria?
- estamos dispost@s a soster cos nosos cartos e coa nosas participación activa aquelas institucións e iniciativas que cooperan hoxe de modos diferentes en favor dos máis empobrecid@s da terra?.

Logo, que facemos?. Xesús danos o seu Espírito, que é a forza que permite o cambio. Xesús invítanos a vivir dun xeito novo, a por a nosa vida en xogo. O Reino de Deus está presente entre nós cando partimos e compartimos o pan, cando sentamos á nosa mesa a tod@s en pé de igualdade, cando vivimos a fraternidade real, cando acollemos e perdoamos, cando traballamos por establecer a xustiza, cando a nosa norma é o amor. Xoán Bautista, a quen hoxe celebramos, foi para o seu tempo unha chuvia de xustiza, unha chamada á esperanza e á radicalidade, a cambiar o noso xeito de vivir para adecualo máis ao evanxeo. E·nós, a que esperamos?. Sirvamos ao Señor con santidade e xustiza.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Moitas veces non só non temos sido testemuñas de luz, senón que os nosos comportamentos teñen favorecido que aparecera a tebra na nosa vida e na de moitos dos nosos irmáns. Pero como sabes querer, sabes tamén darnos novas oportunidades, por iso neste momento no que nos xuntamos para orar dicímosche:
QUE TE SIRVAMOS CON SANTIDADE E XUSTIZA
Por unha Igrexa que saiba ser Boa Nova para os pobres, liberación para quen se sinte oprimido e anuncio de esperanza para quen  non te coñece, Oremos.
QUE TE SIRVAMOS CON SANTIDADE E XUSTIZA
Por unhas parroquias sen medo a traballar e unir esforzos en canto supoña e esixa defender dereitos e conseguir melloras, Oremos.
QUE TE SIRVAMOS CON SANTIDADE E XUSTIZA
Por uns seguidores de Xesús, nós, coherentes na súa vida, traballadores sempre a prol da xustiza, constantes na súa oración, alegres no seu vivir e agradecidos no seu compartir con quen menos ten, Oremos.
QUE TE SIRVAMOS CON SANTIDADE E XUSTIZA
Señor, axúdanos a sermos diante do mundo testemuñas sen medo da túa mensaxe. Por Xesucristo, noso Señor.

PARA A REFLEXIÓN

Queremos ser mensaxeir@s da túa palabra.
Danos valor para levala por todos os recunchos da nosa sociedade.
Queremos ser sementadores da túa esperanza.
Danos coraxe para non baixar os brazos e para empezar cada día coma se fose o primeiro da labranza.
Queremos ser anunciadores da Boa Nova.
Danos alegría para contaxiar a outras persoas a gratuidade do teu amor.
Queremos ser unha man tendida.
Danos compaixón para sentir co teu Espírito e actuar co teu compromiso.ç
Queremos ser construtores de comunidade.
Danos comprensión para escoitar, para enfortecer relacións, para xuntar ás persoas.
Queremos ser romeir@s dos teus camiños,
estar sempre en movemento,
sen instalarnos,
sedentos de busca e de encontro.
Amósanos o abrente,
mantén vivos os nosos ideais,
axúdanos a seguir adiante.
Queremos ser os teus profetas,
queremos mostrar coa nosa vida
que Ti estás no medio de nós.
Danos fe para facer santo o teu nome,
facendo presente neste mundo ao Deus connosco,
coa nosa vida, testemuño e exemplo
de irmáns e irmás.

(M. Murúa)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...