Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2022

Santa Maria 203

NINGUNHA PERSOA PODE SALVARSE SOA (LVI XORNADA MUNDIAL DA PAZ) CANTO GOZOSO o    Panxoliñas   ESCOITA ACTIVA Gloria a Deus nas alturas e na terra, paz ás mulleres e aos homes que gozamos do seu amor!!!!  Estas palabras sintetizan a mensaxe do tempo de Nadal que estamos celebrando. Si, porque hoxe xuntámonos en comunidade para comezar un novo ano. Un ano que sabemos que terá días bos, outros regulares e se cadra algún que outro con negros nubarróns. Pero tan certo como isto é que se acollemos a paz de Deus, esa paz que se manifesta desde a fraxilidade e a febleza dun neno, seremos capaces de camiñar na esperanza. Como María, a quen hoxe celebramos como nai da Luz. No día no que celebramos a Xornada Mundial da Paz, xuntámonos en comunidade para renovar o noso compromiso vital de ser persoas portadoras de paz na nosa vida cotiá. CORAZÓN MISERICORDIOSO     Por deixarnos arrastrar no individualismo que seca o noso corazón,  SEÑOR, QUE COMECEMOS DE NOVO.     Porque na nosa vida de cada día d

Nadal 2022

É O NADAL NON ERAN LUCES DE LED, SENÓN ESPERANZA CRISTIÁ CANTO GOZOSO ·        Panxoliñas ESCOITA ACTIVA           Hoxe, que tanto se fala de luces, e tan pouco da Luz que viu ao mundo para traernos esperanza e paz, as persoas cristiás reunímonos sentindo a ledicia de que a Luz, esa Luz, Luz con maiúscula, xa está aquí. Chegou. E viu para quedar con nós.  Foi o Advento tempo para prepararlle o berce do noso corazón no que poder quedar? Se así foi, seguro que xa estará quentiño nesta mañá de decembro sentindo a calor do noso corazón e a tenrura da comunidade na que nos reunimos para compartir a ledicia de que a súa é unha luz que non se desmonta despois da chegada dos Reis, senón que é Luz que compartirá con nós vida, ledicias e máis tristuras. CORAZÓN MISERICORDIOSO   ·        Eu son César Augusto, o emperador. Mandei empadroar a todo o mundo do meu imperio. Precisaba un censo máis actualizado para poder cobrar os impostos. Non me deteñen as inxustizas que poida cometer. Temos que ser

4 advento 2022

Sinal de Advento.- Incorporamos unha nova bóla á árbore da vida. Desta volta:  Coidar e curar .   Canto gozoso   Entrada.-  Volve Señor ( 90 ) Lecturas.-   Camiñarei na presenza do Señor ( ) Ofertorio.-     Ti é-lo pan do ceo   (Nº 54) Comuñón.-   Déixate querer     (Nº 61)   Escoita activa        Enfilando xa o tramo final do tempo de Advento, volvemos reunirnos como comunidade para compartir e celebrar que o amor de Deus achégase a nós por medio da encarnación do seu Fillo Xesús. El, facéndose un dos nosos, asume a nosa condición humana para estar ao noso carón, para ser o compañeiro na viaxe da vida, para tendernos a man que nos coida e nos cura.        Comecemos entón a celebración comunitaria deste cuarto domingo de Advento, dispoñéndonos a participar deste encontro gozoso e festivo.   Corazón misericordioso   ·        Por tódalas veces nas que non coidamos de quen nos precisa.  SEÑOR, CÓIDANOS E CÚRANOS . ·        Por tódalas veces nas que non temos coidado de nós.  CRISTO, CÓIDA