O PODER, SEMPRE O PODER COMO FONTE DE CONFLITO CANTO GOZOSO · ENTRADA: Amigos nas penas · LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) · OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) · COMUÑÓN: Quédate Señor (Nº 63) OLLOS ABERTOS De onde veñen esas guerras e liortas que se dan entre vós?. Non será das vosas cobizas, que loitan no voso interior? Estas cuestións que escoitaremos hoxe na carta de Santiago que proclamamos na primeira lectura son toda unha invitación a parar e reflexionar sobre como estamos construíndo a nosa vida e cal é a nosa escala de valores. Porque certamente, como lles ocorría aos discípulos de Xesús, na meirande parte dos casos, os enfrontamentos, as discusións, os desencontros... que se dan entre nós non son máis que un exercicio de poder, unha manifestación do noso egoísmo e do noso individualismo. A celebración que imos comezar chámanos a deixar atrás estes comportamentos para camiñar na construción de fraternidade. Só así seremos quen d
Para orar e celebrar a fe na nosa terra