Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

27 Domingo TO B 2015

En tempos de decisións presentistas e efémeras, Deus ofrécenos unha proposta sen data de caducidade Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o    ENTRADA: Vinde axiña o    LECTURAS: Señor Xesús o    OFERTORIO: Velaquí o    COMUÑÓN: Quédate Señor connosco OLLOS ABERTOS Son estes tempos de conviccións débiles. Para moita xente as conviccións que moven as súas vidas –ser honestos, iguais, posuír a mesma dignidade, ser libres...- están en función da situación e dos intereses que lle resulten máis rendibles, sen importar que agora sexan unhas e logo outras totalmente contrarias nin quen vaia quedando polo camiño en cada elección. Isto leva a que o pensamento sexa tamén débil -líquido din outros- e que sexa cada vez maior o número dos que pensan que a vida é un ir cambiando de todo: traballo, parella, relixión, cidade, amigos... cada certo tempo; conformándose deste xeito a idea de que nada xa é posible para sempre, de que todo depende –como dicía a ca

26 domingo TO B 2015

DA PANTASMA DOS CIUMES.... LÍBRANOS, SEÑOR!!!! Descarga o arquivo CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña LECTURAS: Todo o mundo unha familia OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas COMUÑÓN: O amor é o meirande OLLOS ABERTOS Moitas veces, para favorecer os nosos propios intereses, para quedar ben, ou mesmo por envexa e por ciumes, facemos comentarios sobre as persoas que sabemos que non son verdade. Non nos importa inventar, esaxerar ou mesmo mentir sobre como é, que di ou que fai alguén... con tal de desacreditalo como persoa. Porén, o Señor hoxe fainos unha invitación a non deixarnos atrapar nesta mesquiña gaiola da calumnia para abrirnos a descubrir a pluralidade das presenzas do Espírito en cada un e cada unha de nós. Non podemos vivir sempre desconfiando, condenando posicións e iniciativas que non se axusten aos nosos desexos e aos nosos esquemas. Non é propio da Igrexa de Xesús estar sempre vendo inimigos por todas partes. El invítanos a aledarnos do que x