Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

1 Coresma 2023 A

CORESMA, TEMPO PARA FACER MUDANZA SINAL DE CORESMA Comezamos o tempo de Coresma. Un tempo forte que a liturxia católica volve ofrecernos para celebrar a Pascua co corazón e as actitudes dispostas a non deixarnos levar da rutina nin polo desacougo. Cada semana iremos colocando unha pedra por riba do altar que quere simbolizar que estamos dispostas e dispostos a deixar atrás o corazón de pedra para cambialo por un corazón de carne, quente e que latexe ao compás do Evanxeo. CANTO GOZOSO ENTRADA: Déixate querer (Nº 61) LECTURAS: Todos xuntos (Nº 56) OFERTORIO: Sede a sal, sede a luz COMUÑÓN: Ide e pregoade (nº 55) ESPERTANDO Á RÚAH O pasado mércores comezamos un camiño no que se nos invita a facer mudanzas, a cambiar aquilo que temos que cambiar, a mover de sitio aquilo que está desordenado ou fóra de lugar, ou simplemente a mellorar no que andamos frouxas e frouxos. Coresma é un tempo, é camiño no que nos atopamos con Xesús, que nos dá forzas neste camiño de conversión para sermos capaces

7 domingo TO A 2023

  7º Domingo do tempo ordinario FRONTE Á TEORÍA DO OLLO POR OLLO VENGATIVO, XESÚS BUSCA O ENTENDEMENTO   CANTOS             Entrada.-  Con ledicia  vamos todos ao altar  ( 2)             Lecturas.-  Camiñando pola vida  ( 9)             Ofertorio.-  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova  ( 33)             Comuñón.-  Acharte presente  ( 51)   OÍDO Á ESPREITA              No evanxeo de hoxe volve falar Xesús en contraposición: tedes oído... eu dígovos. E fronte ao que viña sendo a lei xudaica, Xesús, sen rexeitala, busca darlle un sentido moito máis amplo. De aí o seu eu dígovos. E alí onde eles dicían ollo por ollo, El propón devolvede ben; onde eles dicían amor só aos nosos e aborecemento dos diferentes, Xesús di: amade aos vosos nimigos.              A proposta de Xesús, sen rexeitar o que xa viña sendo, dálle unha volta de humanidade e esperanza universal diante da tentación de pecharse nos nosos e no noso, para abrirse aos outros, que non poden ser máis ca todas e todos.            

MANS UNIDAS

FREAR A DESIGUALDADE ESTÁ NAS TÚAS MANS (CAMPAÑA MANS UNIDAS) CANTOS  •  ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) •  LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) •  OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) •  COMUÑÓN: Grazas, Señor,  graciñas  (Nº 50) ESPERTANDO Á RÚAH Hoxe, segundo domingo de febreiro, celebramos en toda a Igrexa a Xornada de Mans Unidas contra a fame. Baixo o lema “ Frear a desigualdade está nas túas mans ”, somos convidadas e convidados a abrir os nosos ollos para descubrir os sinais de desigualdade presentes na nosa vida cotiá:  explotación laboral, fenda salarial,  consumo excesivo... Só deste xeito, sendo capaces de ver o mundo e no que el acontece cos ollos de Deus seremos capaces de tomar conciencia do feito de que, se queremos que o mundo mude, teremos que mudar nós, teremos que mudar moitos dos nosos hábitos cotiás. Que o Señor, que nos convoca nesta mañá, sexa alento no camiño. SUPERANDO A DISTRACCIÓN •  Porque  seguimos mirando pasivamente e non estamos dispostas e dispostos a comprome

5 domingo TO A 2023

Se non deixamos que a Palabra alumee a nosa vida, só seremos noite tenebrosa Cantos Entrada.- Que ledos hoxe estamos Lecturas .- Traguede pra quen escoite palabras de luz Ofertorio .- Eiquí están Señor Comuñón .- Ide e pregoade; Deixade esta terra   ESPERTANDO Á RÚAH Unha vez máis, e xa van...moitas, a Palabra de Deus chámanos a contrastar con ela os nosos comportamentos, as nosas miradas das persoas e do que no mondo ocorre, o noso xeito de ser, estar e tratar aos demais no noso día a día. Si, porque se a Palabra non nos fai mirar cara dentro de nós para movernos e cambiar nin nos leva a pensar de que maneira vai renovando, alentando, transformando a nosa vida, non podemos dicir máis que a nosa relación con ela é de morte, de tebra, de escuridade de pura retórica. Porén, tanto a lectura de Isaías como o evanxeo de Mateu volven a facernos caer na conta de que se non somos capaces de poñer en relación a Palabra que escoitamos coa vida de cada día, a Palabra faise prescindible, porque só