UNHA MAN QUE TOCA E QUENTA O CORAZÓN Pórtico Que mágoa ver tantos e tantos cristiáns que lle teñen medo a Deus!. Para moitas persoas, está inseparable e exclusivamente unido á lei que hai que cumprir ("non sexa que nos castigue"), á moral que El ditamina ao seu antollo ("así o quere Deus"); aos nosos méritos ou deméritos ("dará a cadaquén o seu merecido")... de xeito que, para moitos crentes, Deus é ante todo e sobre todo, xuíz rigoroso, recto, temible, que sempre nos vixía, que non deixa pasar a mínima... Que mágoa, porque ese Deus non existe, é froito do seu maxín!. O noso Deus é amor; e o amor non xulga, non rexeita, non separa... Non veu para atemorizarnos, senón para proclamar un evanxeo de confianza. Para que a confianza no seu amor sexa coma o sangue das veas. Respectando a nosa liberdade, Deus non pode máis que amarnos desesperadamente, como unha chamada a vivir no amor, a cambiar o que está mal na nosa vida. A festa da Trindade que hoxe celebr...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra