Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2008

2 Domingo de Pascua

NÓS TAMÉN VIMOS AO SEÑOR… E POR ISO ESTAMOS AQUÍ PÓRTICO A recuperación da liberdade e o plurarismo da nosa sociedade favorecen o cuestionamento de moitas das nosas crenzas, indiscutidas durante moitos anos. Ás veces laiámonos de que se cuestionen os nosos dogmas e as nosas seguridades, e mesmo nos sorprenden cambios na Igrexa, que aceptamos resignadamente e con receo como síntomas de inseguridade, debilidade e claudicación. Por iso necesitamos resucitar, redescubrir a Xesús presente entre nós, alentando e acompañando o noso camiñar, necesitamos que El nos dea o seu Espírito para poder ler os sinais dos tempos, un Espírito que nos traia o recendo da esperanza, da paz, da solidariedade e da xustiza. Que na celebración que agora comezamos nos deixemos impactar polo anuncio da resurrección: nada está perdido, hai camiños novos, descubrámolos! O PERDÓN û Renuncias a todo aquilo que te enfronta cos veciños, cos amigos, coa familia.... e te leva a camiñar na insol

DOMINGO DE RAMOS

ESQUEMA DOMINGO DE RAMOS FÓRA DO TEMPLO MONICIÓN PARA O COMEZO SAÚDO PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Mt 21, 1-11) OACIÓN E BENDICIÓN DOS RAMOS CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR DENTRO DO TEMPLO GLORIA ORACIÓN COLECTA LECTURA DA PALABRA * Filipenses * Paixón segundo Mateo HOMILÍA CREDO ORACIÓN DA COMUNIDADE PRESENTACIÓN SIGNOS DO OFERTORIO OFERTORIO: GRACIAS SEÑOR, GRACIÑAS CANTO E REZO DO NOSO PAI: NO CAMIÑO DO AMOR. CANTO DA PAZ: FAGAMOS A PAZ, IRMÁNS CANTO DA COMUÑÓN: TI ES CAMIÑO E VERDADE REFLEXIÓN DOMINGO DE RAMOS Que os ramallos non nos impidan ver a realidade MONICIÓN PARA O COMEZO ( faise fora, onde se bendizan os ramos) Reunidos como comunidade cristiá, comezamos a nosa celebración do domingo de Ramos. Coma Xesús, tamén nós queremos pornos en camiño para ir a Xerusalén. É dicir, queremos vivir, compartir e celebrar os grandes acontecementos da nosa fe, para poder chegar

Marta creu e resucitou

Domingo V da Coresma 9 de marzo de 2008 PÓRTICO Nun mundo coma o que nos toca vivir, no que a rendibilidade convértese nunha nova divindade que hai que adorar, todo é obxecto de explotación: a natureza….e tamén a mesma persoa: o seu traballo, a súa vaidade, o seu egoísmo, as súas necesidades, a súa ambición… ata o seu medo. Porque… que renda tan fabulosa se obtén do medo!. Por medo a perder un soldo, un emprego, un nome, un prestixio, unha popularidade…renunciamos ao que somos (persoas libres), vendémonos como escravos e preferimos non pensar na inxustiza que sufre o noso próximo; na mentira coa que enganan ao irmán, na opresión que padece o veciño polo simple feito de ter nado noutro país; ou na fame daqueles que camiñan con nós. Por iso como cristiáns e cristiás, temos a esixencia de anunciar a mensaxe de vida e resurrección de Xesús coma unha oportunidade de liberación dos medos. Que a celebración deste derradeiro domingo da coresma sexa un aldabonazo para revisar e renovar a no