Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Domingo Ramos 2024 B

ESQUEMA FÓRA DO TEMPLO  SAÚDO  PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Mc 11, 1-10) BENDICIÓN DOS RAMOS CANTO PROCESIONAL: Ti es camiño e verdade (Nº 57) DENTRO DO TEMPLO ORACION COLECTA ACOLLAMOS A SÚA PALABRA PASANDO A PALABRA POLA NOSA VIDA CREDO AGRADECENDO O CAMIÑAR COMPARTIDOOFERTORIO: Xurdirá (Nº 128) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) AGRADECENDO A FE COMPARTIDA BENDICIÓN Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos. SAÚDO DE QUEN DIRIXE A CELEBRACIÓN O amor de Deus sempre é xeneroso e sen fronteiras. Para achegarnos a El non precisamos nin pasaporte nin carné de identidade, porque as súas mans están sempre abertas e dispostas a acoller e a deixarse sentir con tenrura e agarimo. Desde este amor e esta acollida estamos hoxe aquí fóra para comezar a camiñar cara á Pascua de resurrección. Unha camiñada na que atoparemos dificultades e atrancos; pero tamén alento e compaña a través da presenza da com

Semana Santa e Pascua 2024

 Grazas Señor pola oportunidade que me regalas e nos regalas, cada día, para vivir, para soñar, para escribir, para ser feliz e facer felices aos demais. Permite que a túa bendición chegue ás persoas que máis o necesitan. Agasállanos cun corazón limpo e sincero, con capacidade de latexar coa tenrura da túa acollida. Grazas, Señor, por invitarnos a comezar o noso camiño cara á Pascua. Domingo de Ramos 2024 Xoves Santo 2024 Venres Santo 2024 Vixilia da Pascua 2024

5 coresma B 2024

O Deus da Alianza que fala aos corazón e camiña sempre ao noso carón CANTOS             Entrada.- Unha certeza nos guía ( 60 ) Lecturas.- Dános un corazón, grande para amar             Ofertorio.- Velaqui, Señor, o viño (    )             Comuñón.- Xesús chamado amigo (   ) Sinal            No esforzo por facer da coresma tempo no que ir recompoñendo o corazón roto, este domingo engadimos un novo elemento para conformar o corazón renovado na Pascua .   OLLOS ABERTOS               Ao longo do tempo de Coresma fomos intentando recompoñer o noso corazón roto. Na nosa vida son moitas as situacións, vivencias, relacións... que nos van desilusionando, entristecendo ou desacougando, por iso a Igrexa pon ao noso dispor estes corenta días, nun tempo no que tanto custa ir a modo e recoñecer erros, para que nos paremos e revisemos como vai a nosa vida. Neste quinto domingo chegamos ao final, e cada un e cada unha de nós pode dar conta, ou non, deste camiñar querendo cam

4 Coresma B 2024

UN CORAZÓN ROTO TI, SEÑOR, NON O DESPREZAS SINAL DE CORESMA Colocamos a cuarta parte do corazón CANTO GOZOSO ENTRADA: Na noite escura (Nº 104) LECTURAS: Arrepentido (Nº 13) OFERTORIO: Eu soñei (58)  COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESPERTANDO Á RÚAH Neste domingo de Coresma, pasado xa o ecuador, invítasenos a dar vida, a poñer paz, servizo, alegría, fe, unión, amor...desde a cruz. Si, porque hoxe somos convidadas e convidados a volver os nosos ollos, coma Nicodemo, cara á cruz para descubrir que non todas as cruces son salvadoras. Hai cruces inevitables (certos momentos, climas, traballos...) que debemos asumir. Hai cruces que che endosan (en forma de calumnia, illamento, contaxio....) que temos que evitar. Hai cruces que te atrapan (cartos, poder, fama, envexa....) e das que temos que fuxir. Porén, hai unha cruz que temos que admirar e coa que podemos e debemos cargar: a que procura que as persoas non teñan cruces, a que axuda a levar a cruz, a que sufre porque ama e sente com

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos como Xesús se anoxa diante daqueles que converteran o templo nunha tenda de compra venta, e reacciona facendo unha afirmación que nunca deberiamos esquecer: “ no