DA VIÑA Á MESA: O BANQUETE CO VIÑO NOVO DA FRATERNIDADE CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) LECTURAS: Como che cantarei? (Nº 28) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE O pasado sábado 3 de outubro, na cidade de Asís, o papa Francisco asinaba a terceira encíclica do seu pontificado: Fratelli tutti, sobre a fraternidade e a amizade social. Nun fermoso e profundo documento, Francisco anima á humanidade a recoñecernos como irmáns e irmás e a vivir como tales na casa común que Deus Pai nos confiou. Só desde o amor avanzaremos como sociedade cara un futuro sostible e xusto. Ao longo dos domingos pasados, a viña foi a comparanza utilizada por Xesús para chamarnos a traballar en comunidade e a dar froitos de amor e de xustiza. Hoxe, a comparanza do banquete de voda, invítanos a vestir de festa o noso corazón co traxe do amor para poder entrar ao banquete. Non rexeitemos esta invitación! ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra