Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Remol

23 Domingo TO-A 2026

O LATEXO DA TERRA, A MAREA DO PERDÓN CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7) PERDÓN: Arrepentido (Nº 13) LECTURAS: O amor é o meirande (Nº 120) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº52) COMUÑÓN: Quédate Señor connosco (Nº 63) OLLOS ABERTOS Vivimos nunha sociedade onde o perdón cotiza á baixa e o rancor e o axuste de contas van sempre na cesta da compra. É moi doado cortar por lo san coa xente á primeira de cambio ou gardar o rancor ben vixiado na mesiña de noite do noso corazón. Pero a proposta de Xesús rompe eses esquemas cómodos: lémbranos que a nosa fe non se sustenta en calar para non ter problemas, senón en apostar pola palabra valente, polo achegamento cara a quen erra e pola construción dunha convivencia onde ningunha persoa sexa descartada nin dada por perdida. Pero hoxe, ademais, a nosa mirada ensancha os seus horizontes. Namentres comezamos setembro, lembramos que a nosa fe non se detén nas paredes do templo: celebramos a Xornada Mundial do Coidado da Crea...

22 domingo TO A 2026

  Deixémonos seducir pola xustiza, a paz e a igualdade CANTOS ·         Entrada. – CAMIÑANDO POLA VIDA   ( 9 ) ·         Lecturas..- COMO CHE CANTAREI ( 28 ) ·         Ofertorio. –   ACHARTE PRESENTE NA VIDA ( 51 ) ·         Comuñón.- EU SOÑEI (58 )     OLLOS ABERTOS           Escoitaremos ao profeta Xeremías dicir que Deus seduciuno e el deixouse seducir. A diferencia de outras seducións que buscan enganar, manipular ou mentir, a sedución de Deus é unha sedución para a xustiza, a paz e a igualdade. Porque invita sempre a aquelas persoas que escoitan e acollen a súa palabra a esforzarse en traballar pola xustiza nas súas decisións e maneiras de actuar; chama a facer a paz invitando a buscar camiños de entendemento e acordo no canto da confrontación; urxe a no...