ESCOITAMOS A S ÚA VOZ PORQUE NOS CHAMA POLO NOSO NOME CANTO GOZOSO ⬁ ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11 ) ⬁ LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27 ) ⬁ OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32 ) ⬁ COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50 ) MIRADA AGRADECIDA Celebramos hoxe en toda a Igrexa o cuarto domingo de Pascua, o domingo do Bo Pastor. Celebramos q ue Cristo é o Bo Pastor que nos coñece e que nos chama polo noso nome . Celebramos que El é o Bo Pastor que vén para que teñamos vida e vida dabondo. Por iso a nosa celebración de hoxe convídanos a todas e a todos, pastores e laicado, a reflexionar sobre como estamos levando a cabo, cadaquén desde a súa vocación, a tarefa que se nos encomenda, que non é outra que a de testemu ñar. Porque non podemos esixirlle aos demais o que n ós non estamos dispostas e dispostos a d ar, poñ ámonos ao carro e deamos o mellor de nós : un testemuño de servizo, de compromiso, de esperanza e de amo r coa nosa vida. CO
Para orar e celebrar a fe na nosa terra