Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

30 Domingo do TO A 2023

  O AMOR…. VELAÍ O CERNE DA CUESTIÓN   CANTO GOZOSO ENTRADA: Todos xuntos (Nº 56) LECTURAS: Amigos nas penas OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) ESCOITA ACTIVA Vivimos nunha sociedade deshumanizada, na que a valía das persoas é proporcional ao rendemento que delas podemos obter. Unha sociedade de descartes, como lle gusta dicir ao papa Francisco. O resultado está á vista: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, poñemos a norma por riba das persoas, contentámonos co cumprimento, esquecemos valores e conviccións... E deste xeito ímonos baleirando por dentro, ímonos insensibilizando, e mesmo desculpamos e adoptamos comportamentos a todas luces inmorais, que escravizan ás persoas. E resulta que chega Xesús e dinos que o amor é a primeira e a única lei.... Que paradoxo, non si?. Prestemos atención á súa palabra e deixemos que vaia renovando e vitalizando a nosa vida, porque se non hai amor, para que serve a lei?... Simplemente para f

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

27 Domingo TO A 2023

QUE SEMPRE BUSQUEMOS ACOUGO BAIXO A SOMBRA DA VIÑA TRABALLADA CANTOS           Entrada.- Vinde axiña ( 10 ) Lecturas.- Con tódalas criaturas  ( 22 ) Ofertorio.-  Grazas, Señor  (34 ) Comuñón.-  Ti es camiño  ( 57 ) MIRADA AGRADECIDA                De viñas e viñedos van hoxe as lecturas que imos escoitar na celebración. Viñas e viñedos que nos invitan a traballar con paixón, compromiso, responsabilidade e alegría. Viñas e viñedos que non son carga escravizante, senón berce de acollida e descanso. Viñas e viñedos que a través e grazas ao noso traballo, se converterán en lugares onde descansar e atopar mans amigas no esforzo por non deixarnos levar nin da tristura nin do desacougo.          Que esta palabra de Deus que hoxe nos achega ata a sombra da viña, sexa tamén berce onde atopar acougo e esperanza.   PALABRA PROCLAMADA ·        Porque non sempre somos quen de coidar a viña que puxeches nas nosas mans.  SEÑOR, QUE A TÚA VIÑA SEXA BERCE DE ESPERANZA . ·        Porque non sempre somos