QUEN DIXO QUE AS SEGUNDAS PARTES NUNCA SON BOAS? CANTO GOZOSO · ENTRADA: Que ledos hoxe estamos · LECTURAS : Como che cantarei? · OFERTORIO: Non vou só · COMUÑÓN: Todo o mundo unha familia ESCOITA ACTIVA Rematando o mes de xuño e comezando o verán, facemos hoxe memoria agradecida de dúas columnas da Igrexa: Pedro, o primeiro entre os apóstolos e Paulo, apóstolo dos xentís. Ambos teñen unha característica común: nun momento da súa vida trabucaron o rumbo; pero Deus, rico en misericordia e en perdón, soubo darlles outra oportunidade. Que mellor día ca hoxe, no que celebramos a súa festa, para tomar conciencia de que todas e todos nós trabucamos o camiño moitas veces, e iso esixe de nós estarmos dispostas e dispostos a dar novas oportunidades a quen nos fallou. CORAZÓN MISERICORDIOSO û Porque moitas chaves na nosa vid...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra