Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

21 domingo TO A 2020

CHAVES PARA ABRIR, AIREAR E SOLEAR, E NON CANDADOS PARA PECHAR A CAL E CANTO CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25)  OFERTORIO: Velaquí, Señor (Nº 37) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Cada vez resúltanos máis difícil confiar nas persoas. É certo que moitas veces as noticias que saen nos medios de comunicación non axudan a xerar confianza; pero tamén é certo que hai unha manchea de xente que traballa responsable e honestamente para facerlle a vida agradable aos demais e que son persoas dignas de confianza. O que ocorre é que tristemente nunca son portada de revista, senón que o seu é un traballo calado, pero sempre eficaz. E se nos resulta difícil confiar nas persoas que fan connosco o camiño da vida, xa non digamos confiar en Deus “a quen non vemos”, como argumentan moitas persoas. Esixe un dobre esforzo. Porén, o Señor segue a confiar en cada un e cada unha de nós, e hoxe dinos que nos dá as chaves que

20 Domingo TO A 2020

  A FE NON É UN PRIVILEXIO PARA UNS POUCOS ELIXIDOS, SENÓN QUE É UNIVERSAL  CANTO GOZOSO ENTRADA: Acharte presente (Nº 51) LECTURAS: Camiñar sen Xesús (Nº 68)  OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Estamos ante unha fin de semana na que a Palabra que nos convoca ten, se cadra máis ca nunca, rostro de muller. Si, porque mulleres son as protagonistas das lecturas que proclamamos onte e hoxe: María, a nosa nai e unha anónima muller cananea que se achega ao Señor para pedirlle a curación da súa filla. Dúas mulleres sinxelas, dúas mulleres fortes, dúas mulleres decididas, dous xeitos de entender a vida e un eixo común a ámbalas dúas: a fe nun Deus que se achega a elas con naturalidade e que non fai distingos por mor do xénero. Que a Palabra que imos proclamar e que nos convoca aquí nesta mañá de domingo, nos axude a que, seguindo o exemplo de Xesús, sempre traballemos pola igualdade e a naturalidade nas relacións entre seres correspons

Asunción 2020

  SUPERANDO A TENTACIÓN DA PREGUIZA, POÑÁMONOS TAMÉN NÓS EN CAMIÑO CANTO GOZOSO ENTRADA: Xa nos tes aquí (Nº 71) LECTURAS: Salve, Raíña (Nº 73)  OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Esa é María (Nº 72) CELEBRANDO A ACOLLIDA Acostumad@s como estamos a escoitar as mesmas palabras a políticos, curas, bispos, artistas... moitas veces xa non nos damos conta do sentido e significado xenuíno que teñen. E ocórrenos así porque a medida que pasa o tempo deixámonos ir polos vieiros da rutina, o costume ou o ritualismo, o que vai facendo que desenganchemos do importante e acabemos confundindo o principal co secundario. Cando isto pasa no ámbito da fe, acabamos converténdonos en consumidores de tradicións, pero non en testemuñas ledas da proposta de xustiza e compromiso transformador do mundo e das súas estruturas, á que nos invitaba Xesús de Nazaré. E hoxe, se non lle poñemos atención, pode ocorrernos que celebremos esta festa do quince de agosto como unha rutina máis no calendario, litúr

19 Domingo TO A 2020

ONDE ATOPAR A DEUS?.  NAS PERSOAS QUE AMAN E NAS QUE PRECISAN AMOR Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Déixate querer (Nº 61) LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) OFERTORIO: Non vou so (Nº 60) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE A historia da Igrexa, a nosa historia, ten luces e sombras. Pero unha cousa está ben clara: cando triunfou o orgullo, a prepotencia, o dominio sobre as persoas, o avasalamento das conciencias… en realidade, a grande derrotada foi a Igrexa. Pola contra, cando foi perseguida e marxinada, cando permaneceu fiel ao ideal evanxélico de pobreza, de diálogo, de apertura, de comprensión… entón si podemos falar de verdadeiro triunfo da fe. A Palabra que hoxe escoitaremos é un bo punto de partida para examinar a nosa historia e para examinarnos tamén a nós mesmos. Sen o poder nas mans, alomenos sen o poder doutros tempos, onde quedou a nosa fe?. Esta é a pregunta que hoxe estamos chamad@s a responder. Camiñemos sen medo cara Aq