Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

Domingo de Ramos 2018

ESQUEMA Descarga o ficheiro FÓRA DO TEMPLO   SAÚDO ESCOITA ACTIVA  PROCLAMACIÓN DO EVANXEO BENDICIÓN DOS RAMOS CANTO PROCESIONAL: Camiñarei na presenza do Señor (Nº 12) DENTRO DO TEMPLO PROCLAMACIÓN DA PALABRA CANTO: Escoita ti (Nº 26) OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN CREDO FRATERNIDADE ORANTE OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) PAZ: Que veña a paz (Nº 45) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) MIRADA ESPERANZADA BENDICIÓN Entremos co corazón disposto a cambiar e transformar a vida e o mundo! Nota previa: A celebración está pensada desde o criterio do realismo pastoral, que non do pragmatismo, polo que sendo conscientes de que o mundo rural é o ámbito onde se realiza, e atendendo a que quen a preside/dirixe ha facela en varias comunidades ao longo da mañá, buscamos que sexa un encontro sinxelo, non moi alongado, pero sempre cercano, participativo, creativo -non rubricista-,

Celebración penitencial Coresma 2018

Celebración Penitencial de Coresma 2018 Descarga o ficheiro   Canto.- EU sei de quen me fiei No nome do Pai… Saúdo       Sabemos de quen nos fiamos, cantabamos no comezo desta celebración. Non é esta unha frase feita ou retórica, senón   un compromiso de confianza e acollida do amor de Deus na nosa vida.   El ofrécenos o seu perdón dándonos novas posibilidades de deixar atrás canto co noso xeito de actuar ten producido dor e tristura nos demais.       Ao longo da coresma fomos reenchendo o sinal que nos axudaba a ver a necesidade de cambiar de palabras que se nos mostraban coma rochas que non nos deixaban avanzar ata a rbora da esperanza, Cristo resucitado. Así, palabras como comercio, vulgaridade, aparentar, ofender e superficialidade servíronnos de lóstregos para mirar ao noso interior e recoñecer que estamos necesitados de cambio, de deixar atrás actitudes que nin axudan nin nos axudan a achegarnos   a Xesús.   Para Deus nunca é tarde para volver comez